Pedrafita do Cebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°44′N 7°1′O / 42.733, -7.017

Pedrafita do Cebreiro
Escudo de Pedrafita do Cebreiro
Casaconcello2.JPG
Casa do concello
Situacion Pedrafita do Cebreiro.PNG
Situación
Xentilicio[1] cebreirego
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca dos Ancares
Poboación 1.070 hab. (2017)
Área 104,9 km²
Densidade 10,2 hab./km²
Entidades de poboación 12 parroquias
Política (2015)
Alcalde José Luis Raposo Magdalena
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Pedrafita do Cebreiro
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 86,24%
Na rede
www.pedrafitadocebreiro.es

Pedrafita do Cebreiro (do latín petra ficta, 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bra­vos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).[3]) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2016) conta con 1.088 habitantes (585 homes e 503 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase na zona montañosa do leste da provincia de Lugo, no límite coa provincia de León, en plena serra dos Ancares. Cunha altitude de 1.098 metros na capital municipal, é o concello máis alto da provincia e tamén de toda Galicia. Os principais picos son O Faro (1.615 m), Muralla (1.480 m), Area (1.402 m) e Carballeda (1.392 m). No concello nacen os ríos Navia e Lor.

Limita ao norte con Cervantes e As Nogais, ao oeste con Triacastela e Samos, ao sur con Folgoso do Courel e ao leste cos concellos leoneses de Barxas e A Veiga de Valcarce.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1.088 (2016)
Menores de 15 anos 30 (2.94 %)
Entre 15 e 64 anos 608 (55,88 %)
Maiores de 65 anos 450 (41.36 %)
Evolución da poboación de Pedrafita do Cebreiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
4.402 4.687 4.223 2.520 1.486 1.263 1.228 1.199 1.175 1.155 1.119 1.088
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

O Cebreiro na literatura popular[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • Corren as nubes pra o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro [4].
Cantigueiro
  • Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [5].
  • Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán [6].
  • Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [7].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pedrafita do Cebreiro

O Cebreiro (Santa María) | Fonfría (San Xoán) | Hospital (San Xoán) | Liñares (Santo Estevo) | Lousada (San Vicente) | Louzarela (San Xoán) | Pacios (San Lourenzo) | Padornelo (San Xoán) | Pedrafita do Cebreiro (Santo Antón) | Riocereixa (Santa María Madanela) | Veiga de Forcas (Santa María) | Zanfoga (San Martiño)

Lugares[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pedrafita do Cebreiro vexa: Lugares de Pedrafita do Cebreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428, 492.
  4. Saudade. Verba Galega nas Américas 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.