Melón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°15′27″N 8°13′02″O / 42.2575, -8.2172222222222

Melón
Bandeira de Melón
Escudo de Melón
Casa do concello
Situación
Xentilicio[1]melonés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.137 hab. (2022)[2][3]
Área53,22 km²[3]
Densidade21,36 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias[4]
Política (2023 [5])
AlcaldeEmilio Luis Díaz (PSdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Outros: Veciñ@s: 1
Eleccións municipais en Melón
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes71,90%
Na rede
melon.gal/
editar datos en Wikidata ]

Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 1.340 (2014)
Menores de 15 anos 58 (4.33 %)
Entre 15 e 64 anos 729 (54.4 %)
Maiores de 65 anos 553 (41.27 %)
Evolución da poboación de Melón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
3.324 3.408 3.315 2.299 1.552 1.545 1.475 1.479 1.396 1.340 1.293 1.280 {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular.

Melón na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Melón.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Melón

Melón (Santa María) | Quins (Santa María)

Lugares de Melón[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Melón vexa: Lugares de Melón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Melón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Decreto 147/2004, do 25 de xuño DOG núm. 132 (9 de xullo de 2004)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]