A Mezquita
Coordenadas: 42°00′41″N 07°2′43″O / 42.01139, -7.04528
A Mezquita | |
---|---|
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | mesquités |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Viana |
Poboación | 1.005 hab. (2022)[2][3] |
Área | 104,3 km²[3] |
Densidade | 9,64 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Rafael Pérez Vázquez (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 7 PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais na Mezquita | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,06% |
Na rede | |
https://amezquita.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 1039 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 57 (5.49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 563 (54.18 %) |
Maiores de 65 anos | 419 (40.33 %) |

Evolución da poboación de A Mezquita Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3033 | 2635 | 2651 | 2098 | 1406 | 1865 | 1828 | 1804 | 1669 | 1655 | 1109 | 1570 | 1034 | 1039 | 1023 | 1013 | 1006 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello limita ao oeste coa Gudiña, ao norte con Viana do Bolo, ao nordeste e leste coa provincia de Zamora, e ao sur co distrito de Braganza (Portugal). A súa altitude media supera os 800 metros, o que dificultou historicamente un maior poboamento. Entre os seus cumios destacan os Altos de Aguallal (1664 m), Chao do Porco (1469 m), Valdeinfantes (1440 m), Portela da Canda (1262 m), o Alto de Marabón (1493 m), Castelo (1362 m), Zureira (1390 m), e a serra Esculqueira (1149 m) e o Penedo dos Tres Reinos (1.025 m), estes dous na fronteira con Portugal.
Ten un clima de montaña, moi rigoroso en inverno, con constantes xeadas e baixas temperaturas. Por esta razón a zona é coñecida como Terra das Frieiras.
Historia[editar | editar a fonte]
A historia da Mezquita estivo vinculada desde o megalítico á do norte de Portugal (Trás-os-Montes) e á de Seabra, cos que compartiu a cultura predominante de vida pastoril.
Durante o período romano o territorio foi administrado polo goberno do Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta (actual Braga), agás un anaco da zona noroeste do concello, baixo a administración do Conventus Asturicensis, con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).
Na época medieval, A Mezquita foi parte das terras do Condado de Monterrei e dos Pimentel de Benavente. Xunto con Cádavos, A Esculqueira, Manzalvos, O Pereiro e Santigoso, pasou a formar parte dun señorío real do cal a vila de Vilavella foi a cabeceira. A parroquia de Chaguazoso era señorío do conde de Amarante, en tanto que a igrexa e a casa-pazo da Mezquita estaban entre as posesións dos marqueses de Láncara.
Durante a idade contemporánea a emigración afectou fortemente á zona. En Santiago de Chile hai unha colonia de descendentes de habitantes da parroquia de Chaguazoso de preto de 400 persoas.
Administración local e eleccións[editar | editar a fonte]
O alcalde actual é Rafael Pérez Vázquez do BNG. Sucedeu a José Luis Santamarina Ferro, do PSdeG, que gobernou en coalición co BNG tralas eleccións municipais de 2007. Este sucedeu no cargo a Francisco José Montesinos Rodríguez, que estivo na alcaldía entre 1995 e 2007.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Mezquita.
Solpor na Mezquita
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares da Mezquita[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Mezquita vexa: Lugares da Mezquita.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Mezquita".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Mezquita". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Mezquita ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |