Gonzalo Pérez Jácome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo Pérez Jácome
Nome completoGonzalo Pérez Jácome
Nacemento2 de agosto de 1969
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e empresario
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Pérez Jácome, nado en Ourense o 2 de agosto de 1969, é un empresario e político galego, líder de Democracia Ourensana e dende o 15 de xuño de 2019, alcalde da cidade de Ourense, co apoio do PPdeG.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou son en Nova York[2] e traballou no negocio familiar de venda de instrumentos musicais. En 2002 participou na clásica suba ao Empire State[3].

Foi un dos fundadores de Democracia Ourensana en 2001, liderándoo para as eleccións municipais de 2003 e 2007 sen chegar a lograr representación. En 2010 fundou a canle de televisión Auria TV que puxo ao servizo do seu partido e en 2011 entrou na corporación municipal ao lograr a súa forza dous concelleiros. Nas eleccións de 2015 repetiu a acta, xunto con outros sete membros do partido, e entrou a formar parte da Deputación de Ourense como deputado.

O 15 de xuño de 2019, cos apoios do PP, foi investido alcalde de Ourense.


Predecesor:
Xesús Vázquez Abad
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lombao, David (15-6-2019). "Jácome chega á alcaldía de Ourense da man de Baltar tras prometer botalo por "psicópata"". praza.gal. Consultado o 15-6-2019. 
  2. "Los nacionalistas, frente a la propuesta de DO". Faro de Vigo. 21 de abril de 2015. 
  3. "El orensano Gonzalo Pérez realiza un tiempo discreto". As. 5 de febreiro de 2002. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]