Leticia Santos Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leticia Santos Paz
Leticia Santos Paz.jpg
Nome completoLeticia Santos Paz
Nacemento1 de marzo de 1985
Lugar de nacementoMoaña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Leticia Santos Paz, nada en Moaña o 1 de marzo de 1985, é unha política galega do BNG. Traballou como responsable comercial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Moaña[1], obtendo 6 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 3 concelleiros do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Moaña ata os tres anos, cando se trasladou coa súa familia a Cacheiro (A Canicouva, Pontevedra). Estudou na EEI de Paredes, no CPI do Toural e no CEIP de Reibón, ao regresar en 1992 a Moaña. Despois estudou no IES As Barxas e licenciouse en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo.

Participou no grupo de marionetas do instituto e practicou taekwondo. Logo de gañar o campionato galego con 16 anos e quedar subcampioa de España, chegou a formar parte do equipo da Universidade de Vigo que se proclamou campión estatal universitario. No 2006 acadou a nivel individual o campionato estatal e participou no Campionato do Mundo Universitario de Valencia, chegando até cuartos de final.

Despois de rematar a licenciatura, comezou a traballar como asesora económico-financeira para unha compañía de seguros. Tras dous anos, é contratada por unha empresa especializada en solucións enerxéticas como responsable comercial de cliente doméstico.

Entrou na política da man de Diego Riobó, concelleiro de Cultura en Moaña, quen a animou a ir na candidatura ás eleccións municipais de 2011, no posto número 12. Tras a morte de Diego en setembro de 2011 tivo un maior achegamento á formación política, na que milita desde o 2013.


Predecesor:
José Fervenza Costas
 MoañaEscudo.svg
Alcaldesa de Moaña
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]