Gonzalo Durán
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de setembro de 1962 Vilanova de Arousa, España |
| Alcalde de Vilanova de Arousa | |
| 1995 – ← Juan Manuel Dios Oubiña | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Vilanova de Arousa |
| Ocupación | político, médico |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
Gonzalo Durán Hermida, nado en Vilanova de Arousa o 1 de setembro de 1962, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico de profesión. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Vilanova de Arousa e foi a segunda forza máis votada, fronte ó PSdeG-PSOE que logrou a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura popular e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Durante o seu primeiro mandato consumouse a segregación da Illa de Arousa de Vilanova, no 1997. Nas sucesivas eleccións foi reelixido alcalde, sempre con maioría absoluta. En 2011 foi elixido presidente da Mancomunidade do Salnés[1], permanecendo no cargo ata 2019.
| Predecesor: Juan Manuel Dios Oubiña |
Alcalde de Vilanova de Arousa 1995 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
É irmán do tamén político José Juan Durán Hermida.