Campo Lameiro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | A Lagoa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.723 (2023) (27 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 63,82 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Costa Domínguez | ||||
Eleccións municipais en Campo Lameiro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36110 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36007 | ||||
Páxina web | campolameiro.org |
Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.
De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014[1]. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.[2]
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 1.962 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 186 (9.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.146 (58.41 %) |
Maiores de 65 anos | 630 (32.11 %) |
Evolución da poboación de Campo Lameiro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.952 | 3.329 | 3.350 | 2.554 | 2.178 | 2.084 | 2.036 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero nese ano pasou a ser chamado Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara e Campo de Huesca, que non foi alterado).[3].
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.
Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.
Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Campo Lameiro
-
Fachada da igrexa de Fragas
-
Tímpano da portada de Fragas
-
Detalle dos capiteis de Fragas
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Campo Lameiro
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Campo Lameiro vexa: Lugares de Campo Lameiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campo Lameiro |