Esgos
Coordenadas: 42°19′30″N 7°41′50″O / 42.325, -7.6972222222222
Esgos | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | esgosence (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Ourense |
Poboación | 1.104 hab. (2022)[2][3] |
Área | 37,8 km²[3] |
Densidade | 29,21 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | Esgos |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Mario Rodríguez González (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Esgos | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 75,49% |
Na rede | |
http://www.concelloesgos.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 1.154 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 86 (7,45 %) |
Entre 15 e 64 anos | 617 (53.47 %) |
Maiores de 65 anos | 451 (39.08 %) |

Evolución da poboación de Esgos Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3100 | 3089 | 3580 | 2717 | 1304 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense. Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar. Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.
Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1147 e 1128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sueste está o alto do Couso (710 m).
O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto -que atravesa Lobaces e Gomariz- e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.
Historia[editar | editar a fonte]
O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.
Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas. Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a Ponferrada, actual OU-536.
Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou oleiro.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Esgos.
-
Mosteiro de San Pedro de Rocas
-
Mosteiro de San Pedro de Rocas. Parte da fachada da antiga igrexa rupestre co arco románico de entrada á capela da Epístola, e o nicho cos sepulcros de dous cabaleiros xacentes.
-
Bandeira de Esgos, Ourense.[8]
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Esgos[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Esgos vexa: Lugares de Esgos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Esgos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Decreto 369/2003, do 25 de setembro DOG núm. 198 (13 de outubro de 2003)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esgos ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |