Adolfo Muíños
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Rianxo | |
2011 – 2023 ← Pedro Piñeiro – Julián Bustelo Abuín → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Rianxo |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Adolfo Francisco Muíños Sánchez,[1] nado en Santiago de Compostela en 1966, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1995 foi educador do Concello de Santiago e despois director de Actividades de Tempo Libre. É membro activo de diferentes colectivos culturais como a asociación cultural Barbantia e a asociación de música e baile tradicional Vai de Roda de Rianxo, localidade na que se instalou coa súa familia a finais dos anos 90.
Anteriormente militante do PSG-EG, incorporouse nos anos 90 ao BNG, sendo responsable local en Rianxo a partir de 2003. Foi elixido concelleiro na localidade tralas municipais de 2007, como número 2 da candidatura.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE, o cal encabezaba Carlos Gey Hermo. Nese mandato foi deputado provincial a partir de dende xuño de 2012, trala renuncia dun compañeiro. Nas municipais de 2015 logrou sela forza máis votada, revalidando a alcaldía co apoio do PSdeG na investidura, aínda que finalmente gobernou en minoría tras non chegar a un acordo de goberno cos socialistas. Nas municipais de 2019 foi novamente a forza máis votada e revalidou novamente a alcaldía co apoio do PSdeG-PSOE de Carmen Figueira Ares, co cal nesta ocasión si logrou establecer un pacto de goberno. En novembro de 2022 anunciou que non se presentaría á reelección nas eleccións municipais de 2023, cedéndolle o liderado do BNG a Xusto Xosé Ordóñez,[2] abandonando a alcaldía ao final do mandato en xuño de 2023.
Tras deixa-la alcaldía reincorporouse á súa praza de funcionario en Santiago de Compostela. Porén, en novembro de 2023 foi nomeado director de área polo goberno local do BNG desta cidade.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten dous fillos. É irmán de Gonzalo Muíños, dirixente e concelleiro do PSdeG-PSOE en Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nome do Adolfo en galiciaparaelmundo.com". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ Gómez, Marta (2022-11-29). "Muíños pone fin a su etapa de alcalde de Rianxo y cede el testigo a Xusto Ordóñez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-07-30.
- ↑ Redacción (2023-11-14). "El PSOE acusa de cinismo al gobierno de Santiago por la aprobación de seis plazas de altos cargos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-07-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Pedro Piñeiro |
Alcalde de Rianxo 2011 - 2023 |
Sucesor: Julián Bustelo Abuín |