Ribadavia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ribadavia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.973 (2023) (197,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 25,2 km² | ||||
Altitude | 95 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | César Fernández Gil | ||||
Eleccións municipais en Ribadavia | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32400 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32069 | ||||
Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2019 tiña 5.024 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 5.024 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 5426 (10.87 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.008 (59.87 %) |
Maiores de 65 anos | 1.470 (29.26 %) |
Evolución da poboación de Ribadavia Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.788 | 6.341 | 7.369 | 7.050 | 5.510 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está atravesada polo río Avia, pouco antes da súa desembocadura no río Miño, entre a serra do Faro e a serra do Suído. Pode chegarse alí a través da N-120 e a A-52.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Antiga
[editar | editar a fonte]A zona xa era poboada na época castrexa. Coa chegada dos romanos proseguiu o aproveitamento mineral (especialmente do ouro) e das augas termais. Segundo Estrabón a mediados do século II xa se elaboraba viño do Ribeiro[1]. Posiblemente se corresponda coa poboación romana de Abobrica.
Idade Media
[editar | editar a fonte]A rexión foi asolada no 754 polas tropas de Abdul-Azis e conquistada no 793 por Abdul-Malek, sendo máis tarde reconquistada por Afonso II. Durante a Idade Media foi coñecida como Rippa Avie. Foi capital do Reino de Galicia entre os anos 1065 e 1071, durante o reinado do rei Don García.[2] No século XII aumentou o poder económico da vila, o que derivou nun aumento demográfico. Este auxe coincidiu co dos mosteiros de San Clodio de Leiro, Melón e Oseira e da encomenda da Orde de Malta en Beade. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade, entón chamada Bobou, e entregouna a Xoán Arias[3] da Casa de Traba
Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, que traballaban de comerciantes e artesáns. O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.
En 1375 Henrique II de Castela nomeou a Pedro Ruiz Sarmiento señor de Ribadavia e Adiantado Maior do Reino de Galicia polo seu apoio na guerra dinástica contra o seu medio irmán Pedro I. Así perdeu o status de vila reguenga e iniciouse o señorío dos Sarmiento. En 1386 foi asediada durante nove meses polas tropas do duque de Lancaster, tralo cal foi invadida. o conflito quedou liquidado tralo acordo de Baiona (1388).
A partir do século XIV comezou a comercializarase o viño a través do porto de Pontevedra cara ao estranxeiro: Francia, Portugal, Italia e especialmente Inglaterra. En 1476 os Reis Católicos concederon o condado de Ribadavia a Bernardino Pérez Sarmiento pola axuda na guerra contra Xoana a Beltranexa e o seu aliado Pedro Madruga. En 1494 os mesmos reis expulsaron os xudeus dos seus reinos. En Galiza non houbo pogroms ao se converteren os hebreos ou fuxiren ao reino de Portugal durante as visitas da Inquisición.
Nunha descrición do Reino de Galicia de 1647 dise que "polas costas de Biscaia saen cada ano de 6.000 a 8.000 pipas (de 28.800 a 38.400 hl) de viño de Ribadavia, un viño de gran valor". Os buques ingleses, franceses, venecianos, aragoneses e flamencos veñen cargar regularmente produtos coloniais, peixe e viño de Ribadavia, ao porto de Vigo[4]. Parece ser que é sobre todo cara a Inglaterra onde Ribadavia envía os seus viños no século XVI. O interese que demostraron os ingleses polo viño de Galicia é quizais consecuencia da expedición que trouxo os ingleses no século XIV ata Ribadavia. A decadencia do viño de Ribadavia comeza coa prohibición das exportacións cara a Inglaterra imposta a partir do ano 1722 polo capitán xeneral de Galicia[5].
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]En 1840 formouse a banda de música da vila, La Lira de Ribadavia, considerada a máis antiga de Galiza. En 1853 a praga do oídio minguou as vides, e en 1892 foron o mildio e a filoxera. Isto provocou que as variedades autóctonas da planta desen lugar a outras máis fortes pero de menor calidade.
Durante a guerra carlista, houbo enfrontamentos na comarca entre a banda de Mateo Guillade e as tropas da milicia nacional. Durante a revolución de 1868 estaba de rexedor local Cesáreo Rivera Abraldes, primeiro alcalde do sexenio democrático (1868-1873). Durante o seu mandato organizou unha milicia local de oito compañías para defenderse das partidas carlistas. Fundou a loxa masónica Luz de Avia, activa entre 1871 e 1894. O 4 de marzo de 1881 inaugurouse a estación de Ribadavia, a medio camiño entre Vigo e Ourense.
A comezos do século XX xermolou o asociacionismo agrarista, co fin de modernizar os cultivos e para derogar os foros existentes, destacando as asociacións de Ribadavia e San Paio. En Ventosela tivo lugar un mitin en 1920.
Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o alcalde Benito Gallego Montero foi detido, xulgado e fusilado en Ourense. En 1943 o alcalde Tirso Sánchez Rey foi nomeado procurador en Cortes. O concello pertenceu até 1954 á diocese de Tui-Vigo[6], pasando nese ano á diocese de Ourense, xunto cos de Melón, Carballeda de Avia, Leiro, Beade e Padrenda[7]
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]- O Castelo de Ribadavia.
- A capela prerrománica de San Xes de Francelos.
- Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Festas e eventos culturais
[editar | editar a fonte]- A Festa da Istoria recrea o ambiente xudeu medieval, coa xente vestida de época. (Ver galería de imaxes)
- A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT).
Ribadavia na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Refraneiro
- O viño do Avia ten forza, esprito e labia [8].
- Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [9].
- Cantigueiro
- O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [10].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [11].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [11].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova [11].
- Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.
- Lendas
Conta unha lenda que había un ermitán chamado Pedro en Ribadavia, que era quen traía as augas quentes a esta vila. Un día enfermou e creu morrer, pero un pastor que andaba por aí chamou un médico e curou. Desde aquela, Pedro e o pastor fixéronse amigos e este leváballe comida ó ermitán. Había tamén unha moza, Aurora, filla dun adegueiro, que estaba namorada do pegureiro, se ben este rexeitábaa por crer que a moza era unha enviada do demo. Aurora, para vingarse do desprezo do mozo, roubou un cáliz na igrexa e agochouno no zurrón do mozo, acusándoo por ladrón, polo que foi perseguido polos veciños de Ribadavia, apedreado e morto. Cando Pedro o soubo, desviou as augas quentes desde Ribadavia a Ourense, e fixo que xurdiran nas Burgas. El mesmo marchou a vivir a esta cidade [12].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribadavia.
-
Barrio xudeu. Ribadavia.Contorno da Madalena
-
Conxunto Reitoral, Igrexa e Casal de Armán en Santo André de Campo Redondo.
-
MIT 2003.Teatro infantil na rúa. Praza Maior de Ribadavia
-
Ribadavia.Castelo nocturno
-
Río Avia en Ribadavia
-
Ribadavia
-
Entrada auxiliar ao Castelo, co escudo dos Sarmiento
-
Castelo
-
Placa altimétrica na praza do concello.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ribadavia
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadavia vexa: Lugares de Ribadavia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia do Ribeiro Arquivado 17 de marzo de 2012 en Wayback Machine., en www.ribeiro.es.
- ↑ Salas Merino, Vicente. La Genealogía de Los Reyes de España. Visión Libros. p. 278. ISBN 9788499832654.
[...] Galicia correspondió por herencia a su hijo menor, García I, que reinó entre 1065 hasta el 1071, estableciendo la capital del reino en Ribadavia [...]
- ↑ Los Arias de Galicia y sus relaciones familiares con Fernando II de León y Alfonso I de Portugal, "Bracara Augusta", Tomo XX ano 1966 P 28-35
- ↑ López Ferreiro, Antonio. Galicia en el último tercio del siglo XV.
- ↑ Meijide Pardo, Antonio (1961). La viticultura gallega en el siglo XVIII,. Vigo. p. 12.
- ↑ Suso de Vila: A Cidade de Tui durante a Baixa Idade Media. Ed. Toxosoutos, 2008.ISBN 978-84-96673-88-5.
- ↑ Francisco Fernández Rei: Dialectoloxía da lingua galega. Edicións Xerais, 1990.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño. No orixinal: espirto.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega III, s. v. arrieiro.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Xaquín Lorenzo Fernández, 115.
- ↑ Vítor Vaqueiro, 96-97.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribadavia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MERUÉDANO ARIAS, Leopoldo: Los Judíos de Ribadavia y orígen de las cuatro parroquias.
- Samuel Eiján: Historia de Ribadavia y sus alrededores.
- Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011.