Agustín Reguera Ocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgustín Reguera Ocampo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Soutomaior, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Soutomaior Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Agustín Reguera Ocampo, nado en 1964 en Soutomaior, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, foi traballador de banca. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG en Soutomaior e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En 1999 foi reelixido cunha ampla maioría absoluta, ó igual que en 2003, 2007 e 2011. Foi deputado provincial dende 2007 ata 2009, ocupándose da área de Pesca e Asuntos Marítimos. En xuño de 2009 foi nomeado membro do consello asesor de RTVE en Galicia[1].

En 2015 e 2019 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, pero de forma moito máis axustada que nas anteriores convocatorias. En 2023 foi superado polo BNG, polo cal perdeu a alcaldía en favor do nacionalista Manuel Lourenzo Sobral.

En xuño de 2023, tras cesar como alcalde, foi nomeado Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.


Predecesor:
Fernando Pereira Caamaño
 
Alcalde de Soutomaior
 
1995 - 2023
Sucesor:
Manuel Lourenzo Sobral

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]