Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVilagarcía de Arousa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°35′42″N 8°44′35″O / 42.5951, -8.7431Coordenadas: 42°35′42″N 8°44′35″O / 42.5951, -8.7431
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalVilagarcía de Arousa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación37.689 (2023) Editar o valor em Wikidata (799,51 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie47,14 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAlberto Varela Paz Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36600 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+01:30 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código INE36060 Editar o valor em Wikidata

Sitio webvilagarcia.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellovilagarcia Twitter: vgaarousa Instagram: vilagarciaviva Editar o valor em Wikidata

Vilagarcía de Arousa é un concello e vila da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Vilagarcía de Arousa atópase na parte meridional da ría de Arousa formando unha ampla enseada. Limita ao norte con Catoira, ao leste con Caldas de Reis e ao sur con Vilanova de Arousa. O extremo norte do concello, a parroquia de Bamio, sitúase xa na confluencia do río Ulla co océano mentres que no sur destaca o Monte Lobeira cunhas boas vistas de toda a baía.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal (IGE), a súa poboación no ano 2016 era de 37.283 persoas, das que 19.389 eran mulleres e 17.894 homes. É a novena cidade galega en poboación e a terceira da provincia tras Vigo e Pontevedra.

Fonte INE; 1857-2011

Evolución da poboación de Vilagarcía de Arousa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.814 17.342 21.335 30.199 35.053 37.576 37.903 37.621 37.741 37.712 37.482 37.283 {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Calco do panel nº1 dos Ballotes

A primeira pegada dos poboadores desta zona está representada polos restos arqueolóxicos atopados no Salgueiral (Bamio), datados no 2000 a.C., e polos petróglifos dos Ballotes, tamén en Bamio. Hai tamén restos da época castrexa: O Carril, Castro de Agudín, Monte Lobeira) e, especialmente, no castro Alobre.

En 1812 consituíronse os concellos de Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e O Carril, que se reduciron a tres coa reforma de 1835: Vilagarcía, Vilaxoán e O Carril. Vilagarcía foi medrando de acordo co desenvolvemento do seu porto, especialmente a raíz da construción dos peiraos en 1866, e en detrimento dos concellos estremeiros, ata que o 1º de marzo de 1913 se produce a fusión dos tres nun único concello, que nace baixo o nome de Vilagarcía de Arousa e con Valeriano Deza como único alcalde (Suevia 1913, 2, 11).

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo está composto por un elemento orixinario do latín Villam, 'explotación agropecuaria', e polo nome do seu fundador, García de Caamaño.[1]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

Pazos
Igrexas

Patrimonio natural[editar | editar a fonte]

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Pazo de Vista Alegre.

O 22 de maio celébrase a festa de Santa Rita, na honra da italiana Rita de Casia, que ten en Vilagarcía e en toda a comarca do Salnés un gran número de devotos desde hai uns cen anos. Santa Rita é a patroa dos imposibles. Os devotos acoden ao Convento de Vista Alegre, algúns a pé desde lonxe,[2][3], para facerlle unha ofrenda á santa como sinal de agradecemento.

O 16 de agosto, día de San Roque, é o día grande das festas de Vilagarcía. Ao remate da procesión do santo dende a igrexa parroquial do centro ata a capela do santo, ten lugar todos os anos a festa da Auga en varias rúas do centro da vila, sendo unha festa que atrae a numerosos turistas de toda Galicia e mesmo de fóra dela. Esta festa naceu a finais da década de 1970, cando nunha xornada de moita calor os veciños pediron que os refrescasen con auga desde os balcóns. As festas patronais duran 10 días arredor desta data e rematan cun espectáculo pirotécnico chamado Combate Naval.

Outras festas populares son o Entroido, a Festa dos maios (o primeiro día do mes das flores) e As Uvas, celebrada o 31 de decembro ás 12 do mediodía. O último sábado de agosto celebrase a Noite Meiga, onde as meigas toman as rúas e reparten queimada e alimentos típicos.

Entre as festas gastronómicas destacan a Festa da ameixa do Carril, na segunda quincena de agosto, a Mostra do Albariño a mediado de agosto, que empezou chamándose AlbArousa, pero dende 2012 recibe o nove de ViñaGarcía e a Semana Micolóxica na segunda quincena de novembro.

En canto a música, Vilagarcía conta co festival de As Revenidas, celebrado en Vilaxóan no mes de xullo; e ata o ano 2013 contaba co Festival do Norte no mes de maio, que pasou a ser organizado na Illa de Arousa[4].

Deporte[editar | editar a fonte]

Clubs deportivos[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Vilagarcía na literatura popular[editar | editar a fonte]

Cantigueiro
  • As mociñas de Carril,/ non son unha que son todas,/ poñen tres pares de medias/ para ter as pernas gordas [5].
  • Cando pases pola Laxe/ leva o sombreiro na man,/ elas son medias señoras/ non sei se che falarán [6].
  • En Carril hai boas mozas/ e na Torre a flor de elas,/ en chegando a Trabanca/ clavixas para cancelas [7].
  • En Vistalegre dixín/ baixando a Vilagarcía:/ Eu monxa non quero ser,/ casada non sei que diga [8].
  • Estas mociñas da Laxe/ téñense por que alabar,/ teñen o Santo San Roque/ na entrada do lugar [9].
  • Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o Rei/ na isla de Cortegada [10].
  • Fuches a Vilagarcía,/ fuches e non viches nada,/ non viches beilar o sol/ nunha mazán colorada [11].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [12].
  • Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo [13].
  • Ó alcalde de Trabanca/ haino que mandar prender/ que non dou unha peseta/ pra a festa de San Miguel [14].
  • O lugarciño da Laxe/ de lonxe parece vila,/ ten unha rosa na entrada/ e un caravel na saída [15].
  • O pino do Pousadoiro/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [16].
  • Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira [17].
  • Os mozos de Bamio/ prendelos, prendelos;/ van polos camiños,/ parecen carneiros [18].
  • Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro [19][20].
  • Se che preguntan mañán/ de quen era a parranda,/ era das mozas da Torre/ porque elas levan a palma [21].
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [22].
  • Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.
  • Vale máis unha da Laxe/ cunha chaqueta de liño/ que tódalas de Cornazo/ vestidas de pano fino [23].
  • Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro,/ Vilagarcía tamén [24].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vilagarcía de Arousa

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Lugares[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilagarcía de Arousa vexa: Lugares de Vilagarcía de Arousa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LA FAMILIA DE D. GARCÍA DE CAAMAÑO, FUNDADOR DE LA VILLA, DESDE SU ORIGEN. en Turvilagarcia.
  2. "Santa Rita, una fiesta entre lo eclesiástico y lo profano". www.revistaesmas.com (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2020. 
  3. "Ravella aumenta el presupuesto para las fiestas de Santa Rita". Diario de Arousa (en castelán). 12 de maio de 2014. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  4. El Festival do Norte anuncia su traslado a A Illa de Arousa
  5. Fermín Bouza Brey 1929, 170.
  6. Fermín Bouza Brey 1929, 173. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía.
  7. Fermín Bouza Brey 1929, 172). Carril é parroquia de Vilagarcía; A Torre é lugar de Arealonga, tamén parroquia de Vilagarcía. Hai un Trabanca Sardiñeira en Carril e un Trabanca Badiña en Arealonga.
  8. Alude a un convento que existiu en Vistalegre, chegando a Vilagarcía desde Cambados. Fermín Bouza-Brey 1929, 169.
  9. Fermín Bouza Brey 1929, 202. No orixinal: ô Santo. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía. San Roque é lugar da parroquia de Santa Baia de Vilagarcía.
  10. Bouza Brey engade que se trata dunha adaptación doutra cantiga popular (non viches beilar o sol...) co gallo da visita de Afonso XIII a Cortegada, en 1909. Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: ô Rei.
  11. Fermín Bouza-Brey 1929, 203. No orixinal: n-unha.
  12. Fermín Bouza-Brey 1929, 158. No orixinal: Sta. Euxía.
  13. A Torre é un lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía. Fermín Bouza-Brey 1929, 160.
  14. Fermín Bouza Brey 1929, 174. Hai un Trabanca Sardiñeira en Carril e un Trabanca Badiña en Arealonga, Vilagarcía.
  15. Fermín Bouza Brey 1929, 203.
  16. O Pousadoiro é un monte entre Vilagarcía e Caldas de Reis. Fermín Bouza-Brey 1929, 162.
  17. Fermín Bouza-Brey 1929, 190. No orixinal: Vilaxohán, lle deran.
  18. Fermín Bouza Brey 1929, 170. No orixinal: pol-os.
  19. Fermín Bouza Brey 1929, 186. No orixinal: mail-a, e a miña nai.
  20. Fermín Xaquín Lorenzo Fernández, 266. Recollida na ría de Arousa.
  21. Fermín Bouza-Brey 1929, 163.
  22. Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: de unha, de outra.
  23. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía; Cornazo é outra parroquia de Vilagarcía.
  24. Fermín Bouza-Brey 1929, 200.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]