José Manuel Pérez Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Manuel Pérez Penas
Nome completoJosé Manuel Pérez Penas
Lugar de nacementoMelide
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Pérez Penas, nado en Melide, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballador da CRTVG. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro en Melide como número 2 de Unidade dos Veciños[1], formación independente con tendencia nacionalista de esquerda e encabezada por Xosé Domingo Fuciños. Posteriormente pasou a residir en Oroso, onde sería o candidato á alcaldía polo BNG nas municipais de 2007, obtendo 1 concelleiro e pactando co PSdeG-PSOE de Manuel Mirás Franqueira, sendo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de obras e servizos. Nas municipais de 2011 repetiu candidatura e mellorou algo os seus resultados, pero pasou á oposición debido a que os socialistas lograran a maioría absoluta nesa ocasión. Volveu se-lo candidato nas municipais de 2015 logrando resultados similares ós de 4 anos antes e formando de novo parte da oposición, volvendo a revalida-la maioría absoluta o PSdeG.

Posteriormente volveu a residir en Melide, renunciando como concelleiro en Oroso en maio de 2018. Nas eleccións municipais de 2019 foi candidato á alcaldía de Melide pola formación independente Adiante Melide (conformada por varios antigos membros do BNG). En dita convocatoria foi a segunda forza máis votada ó lograr 5 concelleiros, os cales se uniron ós 2 do PSdeG e o elixiron alcalde en detrimento da candidata e ata entón alcaldesa polo PPdeG, Dalia García Couso, que lograra 6 concelleiros e perdera a maioría absoluta.[2] Desta forma, conformou un goberno de coalición cos socialistas.[3]. Nas municipais de 2023 logrou de novo 5 concelleiros, recortando distancias co PPdeG, e conservando a alcaldía co apoio dos concelleiros do BNG e do PSdeG.


Predecesor:
Dalia García Couso
 
Alcalde de Melide
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado, e ten dous fillos dunha relación anterior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 20-4-1983, p. 45.
  2. Redacción (15 de xuño de 2019). "Manuel Pérez Penas, de Adiante, es el nuevo regidor de Melide". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  3. Noguerol, Natalia (16 de xuño de 2019). "José Manuel Pérez es el nuevo alcalde con el apoyo del PSdeG". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]