Buxán, Val do Dubra
Buxán | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Buxán. | |
Concello | Val do Dubra[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°00′35″N 8°37′31″O / 43.0097, -8.6254 |
Poboación | 251 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Buxán[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 298 habitantes (151 mulleres e 147 homes), 105 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1835 creouse o Concello de Buxán, e nesta parroquia estivo a casa consistorial até que a comezos do século XX se trasladou á Corredoira (Bembibre). En 1960 o concello pasou a ter a denominación actual de Val do Dubra.
A igrexa actual foi construída de nova planta entre 1909 e 1913. Na Guía eclesiástica de la archidiócesis, de 1894, aparece Buxán como de padroado laico, erro producido por confusión co seu homónimo da Maía, que efectivamente o era.[2]
En 1924 os emigrantes do concello en Buenos Aires crearon o Centro recreativo y cultural Hijos de Buján, destinado aos descendentes do municipio.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Buxán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Buxán no concello de Val do Dubra (A Coruña) | |
---|---|
As Cañotas | Carral | Casais | A Coruña | O Cruce | A Igrexa | Montemaior | Padrón | Quintán | As Quintáns | Reboredo de Abaixo | Reboredo de Arriba | Reboredo do Medio | Vilar | Vilasuso |
Parroquias de Val do Dubra
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Pumar Gándara, José (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Tomo VI. Ed. El Progreso. pp. 174–175. ISBN 84-87804-08-X.