Juan Manuel Rodríguez García
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de decembro de 1990 Cerceda, España |
| 12 de febreiro de 2020 – ← José García Liñares | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade da Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Juan Manuel Rodríguez García, nado en Cerceda o 22 de decembro de 1990, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado en Socioloxía e máster en Dirección e Planificación do Turismo pola UDC. Foi suplente nas listas do PSdeG-PSOE en Cerceda nas eleccións municipais de 2015, pasando a se-lo número 2 nas municipais de 2019, tralas cales os socialistas revalidaron a maioría absoluta e pasou a ser primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Benestar.[1] Trala dimisión de José García Liñares como alcalde en xaneiro de 2020, foi elixido novo rexedor de Cerceda o 12 de febreiro,[2] sendo naquel entón o alcalde máis novo de Galicia. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde ampliando a maioría absoluta da que gozaba o partido en Cerceda de 7 a 9 concelleiros.
| Predecesor: José García Liñares |
Alcalde de Cerceda 2020 - actualidade |
Sucesor: no cargo |