José Manuel Castro Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Castro Blanco
Nacemento1969
 Os Blancos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Castro Blanco, nado nos Blancos en 1969, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro nos Blancos por Terra Galega, figuraba como número 2 na candidatura Alternativa Popular Galega (APGA) que encabezaba o alcalde Juan Antonio Lama Barreiro. Ante o ingreso deste no hospital, José Manuel Castro encabezou a lista[1]. Nas eleccións municipais de 2011 houbo un empate a votos entre o PPdeG e Alternativa Popular Galega. Nun principio intentou resolverse mediante sorteo, que deu o concelleiro en disputa ao PPdeG. Porén, dado que nunha das mesas se contabilizaran 422 votantes, e no escrutinio só apareceron 421 votos, os resultados da mesa foron impugnados. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou o resultado e ordenou repetir as eleccións nesa mesa, e o Consello de Ministros fixou a data do 20 de novembro (coincidido coas eleccións xerais).[2][3][4]. O resultado foi a vitoria da APG e polo tanto José Manuel Castro foi elixido alcalde[5][6].

O outubro do 2014 deixou o seu partido independente, Alternativa Popular Galega, e uniuse o Partido Popular.[7]

Nas eleccións municipais de 2015, xa sendo do Partido Popular, volveu a gañar con maioría absoluta, con 6 concelleiros, fronte a 1 do PSdeG.[8]


Predecesor:
Juan Antonio Lama Barreiro
 Os Blancos.svg
Alcalde dos Blancos
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El alcalde de Os Blancos se apea de la carrera electoral". La Región (en castelán). 2011-04-26. Consultado o 2020-03-29. 
  2. Miguel Ascón (13 de septiembre de 2011). "La junta electoral apremia al Gobierno para repetir las elecciones en Os Blancos". Lavozdegalicia.es. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  3. S. De la Fuente (24 de septiembre de 2011). "El Consejo de Ministros convoca para el 20-N la repetición de las elecciones en Os Blancos". Farodevigo.es. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  4. Europa Press (19 de noviembre de 2011). "Unas 500 personas de Os Blancos (Ourense) votarán doble, al repetirse las elecciones municipales en una mesa". La Región, edición digital. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  5. "APGa derrota al PP en Os Blancos". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-03-29. 
  6. La APGá gana al PP en Os Blancos por 50 votos, y José Manuel Castro se convierte en alcalde
  7. El alcalde independiente de Os Blancos se suma al PP de Ourense
  8. José Manuel Castro Blanco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]