Edmundo Maseda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edmundo Maseda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Edmundo Maseda Maseda é un labrego e político galego do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presidente da asociación veciñal Fraga das Lerias, foi elixido concelleiro do Valadouro nas listas do PSdeG nas municipais de 2011, e pasou a ser o voceiro municipal desa formación en 2013, cando o anterior cabeza de lista, Jose Luis García Rubal, presentou a súa dimisión. En xuño de 2013 liderou unha moción de censura do seu partido, a formación conservadora UDIVAL e o BNG contra o ata daquela alcalde popular José Manuel Lamela, que venceu, polo que se proclamou alcalde do Valadouro[1].[2] Foi reelixido alcalde tralas eleccións municipais de 2015 e 2019.


Predecesor:
José Manuel Lamela
 O Valadouro.svg
Alcalde do Valadouro
 
2013 -
Sucesor:
no cargo

Profesionalmente, Edmundo Maseda é labrego e dirixe unha explotación de faba de produción ecolóxica. É sobriño-neto do acordeonista Eladio Maseda.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]