Parada de Sil
Coordenadas: 42°22′59″N 07°34′8″O / 42.38306, -7.56889
Parada de Sil | |
---|---|
Casa do Concello de Parada de Sil. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | silense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Caldelas |
Poboación | 531 hab. (2022)[2][3] |
Área | 62,4 km²[3] |
Densidade | 8,51 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Aquilino Domínguez Díaz (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 5 |
Eleccións municipais en Parada de Sil | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 81,50% |
Na rede | |
http://www.paradadesil.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 564 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 18 (3.19 %) |
Entre 15 e 64 anos | 274 (48.58 %) |
Maiores de 65 anos | 272 (48.23 %) |
Estranxeiros | 11 (1.85 %) |

Evolución da poboación de Parada de Sil Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.287 | 3.272 | 2.912 | 2.287 | 788 | 670 | 648 | 648 | 642 | 634 | 605 | 592 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello, situado ao norte da provincia de Ourense, ten 62,4 km², e abrangue 9 parroquias. Limita ao norte con Sober (provincia de Lugo) a través do río Sil, ao sur con Montederramo, ao leste coa Teixeira e ao oeste con Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.
A parte norte pertence á Ribeira Sacra, no val do río Sil preto da desembocadura no Miño, determinado polo encoro de Santo Estevo. A parte sur ten zonas montañosas, como as lombas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos e Os Salgueiriños. Entremedias, hai unha área de media montaña con planicies onduladas e cumios como A Carpadena, Outeiro do Río, A Espereta, Biruxe, Corzas, A Gándara e Os Penediños. Estas zonas xeográficas determinan a climatoloxía, oceánica de montaña nas zonas máis altas, e oceánico mediterráneo na ribeira.
Historia[editar | editar a fonte]
Durante o antigo réxime a zona pertenceu á xurisdición de Chandrexa de Sacardebois.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
No concello destaca o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Na parroquia de San Lourenzo de Barxacova situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova.
Hai petos de ánimas en Cimadevila, Couto e Teimende. O cruceiro de Forcas está asentado sobre unha roca que fai ás veces de base. Na parroquia de Forcas consérvase sobre o río Mao a ponte románica de Canceliñas, que conta con marcas de canteiro.
O concello conta coa ruta de sendeirismo homologada PR-G 98, Canón do Sil - Santa Cristina. É unha ruta circular de 18 km con principio e fin na prazo do Barquilleiro, da capital do municipio. Discorre na maior parte polos camiños de carro e sendas antigas para cultivar as pendentes de vides. No percorrido vense fornos, sequeiros e muíños, amais do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.
O escudo do concello foi proposta por Francisco Ogando Vázquez e Fernando González Suárez en marzo de 1988, e aprobado pola Xunta de Galicia polo decreto 563/1990 do 20 de decembro. O primeiro e cuarto cuarteis fan referencia ás nove mitras de ouro (cinco e catro respectivamente), sobre fondo sinople. O segundo cuartel leva as armas dos Castro, condes de Lemos: seis roeis azuis sobre campo de prata. O terceiro cuartel leva unha palma de ouro baixo unha coroa real da mesma cor, en campo de goles. Ao timbre, coroa real pechada.
Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Parada de Sil.
-
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Parada de Sil[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Parada de Sil vexa: Lugares de Parada de Sil.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Parada de Sil".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parada de Sil ![]() |