Salvaterra de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°4′59″N 08°29′53″O / 42.08306, -8.49806

Salvaterra de Miño
Casa do Concello de Salvaterra de Miño.JPG
Casa do Concello.
Situacion Salvaterra de Miño.PNG
Situación
Xentilicio[1]salvaterrense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Condado
Poboación9.691 hab. (2018)
Área62,5 km²
Densidade155,06 hab./km²
Entidades de poboación17 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaMarta Valcárcel Gómez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Salvaterra de Miño
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes63,66%
Na rede
http://www.concellodesalvaterra.org
info@concellodesalvaterra.org

Salvaterra de Miño[5] é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (á outra beira do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia de Caldelas de Tui (Tui).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total (habitantes) 9626 (2014)
Menores de 15 anos 1309 (13,6 %)
Entre 15 e 64 anos 6296 (65,41 %)
Maiores de 65 anos 2021 (20.99 %)

Historia[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á igrexa de Santiago o señorío e val de Salvaterra, que herdara do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX, para facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal até 1643, cando foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[6]

Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltando a guarnición de Salvaterra.

En 1568 o señor de Salvaterra era Diego Sarmiento, que acudiu con cincocentos homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero nese ano pasou a ser chamado Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España (Salvatierra/Agurain en Araba e Salvatierra de Esca en Zaragoza)[7].

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Pazo de Dona Urraca[editar | editar a fonte]

O castelo de Salvaterra, tamén coñecido como castelo de Dona Urraca, é unha fortaleza medieval situado ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.

O castelo de Salvaterra e o seu contorno histórico foi declarado en 1949 Ben de Interese Cultural.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Salvaterra na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [9].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Lugares de Salvaterra de Miño[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Salvaterra de Miño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  5. Nomenclátor da Xunta de Galicia. Busca das parroquias de Salvaterra de Miño.
  6. Navaza, Gonzalo (2016). Universidade da Coruña, eds. "A orixe literaria do nome da Coruña". Revista Galega de Filoloxía 17: 119–164. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873. 
  7. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 
  8. "SCDCondado.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2010. 
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]