Saltar ao contido

Mondariz Balneario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mondariz-Balneario»)
Mondariz Balneario
 Nome oficial
Mondariz Balneario (gl) dende 2026 
Mondariz-Balneario (gl) dende 1924 ata 2026 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
659 (2001) rexistro civil
658 (2002) rexistro civil
704 (2004) rexistro civil
719 (2005) rexistro civil
740 (2006) rexistro civil
755 (2007) rexistro civil
736 (2008) rexistro civil
726 (2009) rexistro civil
734 (2010) rexistro civil
730 (2011) rexistro civil
690 (2012) rexistro civil
656 (2013) rexistro civil
682 (2014) rexistro civil
652 (2015) rexistro civil
614 (2016) rexistro civil
627 (2017) rexistro civil
618 (2018) rexistro civil
644 (2019) rexistro civil
637 (2020) rexistro civil
675 (2021) rexistro civil
680 (2022) rexistro civil
703 (2023) rexistro civil
711 (2024) rexistro civil
742 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   317 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   327 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   758 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal36890 Editar o valor en Wikidata
Código INE36031 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341737 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09k5c6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 203911 Galiciana: 251436 BNE: XX6280026
Wikidata G:Commons C:Commons

Mondariz Balneario[1] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o INE en 2021 tiña 675 habitantes. Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense ou troncosiño,-a.[2]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total en 2014 682 habitantes
Menores de 15 anos 86 (12.61 %)
Entre 15 e 64 anos 436 (63.93 %)
Maiores de 65 anos 160 (23.46 %)

No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.

O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Sabela de Portugal.[Cómpre referencia]

Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.

A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.

Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeulle á vila o título de "Moi Hospitalaria".

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz Balneario

Mondariz Balneario (Nosa Señora de Lurdes)

Lugares de Mondariz Balneario

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz Balneario vexa: Lugares de Mondariz Balneario.

  1. "De Cangas a Riós: doce concellos cambiarán de nome". Praza Pública. 2025-07-18. Consultado o 2025-07-19.
  2. Costas González, X.-H. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 51. ISBN 978-84-8158-706-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]