Saltar ao contido

Manzaneda

Manzaneda
 Nome oficial
    Manzaneda (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.242 (2001) rexistro civil
1.204 (2002) rexistro civil
1.150 (2004) rexistro civil
1.113 (2005) rexistro civil
1.098 (2006) rexistro civil
1.069 (2007) rexistro civil
1.057 (2008) rexistro civil
1.028 (2009) rexistro civil
994 (2010) rexistro civil
1.006 (2011) rexistro civil
1.001 (2012) rexistro civil
971 (2013) rexistro civil
973 (2014) rexistro civil
975 (2015) rexistro civil
947 (2016) rexistro civil
906 (2017) rexistro civil
890 (2018) rexistro civil
870 (2019) rexistro civil
843 (2020) rexistro civil
846 (2021) rexistro civil
828 (2022) rexistro civil
832 (2023) rexistro civil
798 (2024) rexistro civil
767 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   448 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   422 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   114,6 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   657 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Código INE32044 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap348115 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733545 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h08b3 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 148760 Galiciana: 29375 BNE: XX454933
Wikidata G:Commons C:Commons

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII. O nome tradicional é Maceda ou Maceda de Trives e procede da combinación do substantivo mazá (< lat. mat(t)iana) co sufixo abundancial -eda (lat. -eta)[1][2].

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval, do que se conservan importantes vestixios.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, en 2022 o concello de Manzaneda aglutinaba 838 habitantes.

Evolución da poboación de Manzaneda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3.283 3.437 2.973 1.954 1.150 994 1.006 1.001 971 973 975 947 906
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 890 (2018)
Menores de 15 anos 44 (4.94 %)
Entre 15 e 64 anos 447 (50.22 %)
Maiores de 65 anos 399 (44.83 %)
Estranxeiros 14 (1.57 %)

Enclavado no Macizo Central ourensán, no concello de Manzaneda hai diversos recursos de alto valor paisaxístico e natural. Comparte a estación de esquí de Manzaneda co concello da Pobra de Trives. No Souto de Rozavales está o castiñeiro de Pumbariños, de máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro. Está incluído no catálogo de árbores senlleiras.

A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda, ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestade. Así mesmo, a capital do concello destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.

O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo, coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta hai máis de 10.000 anos. Chega ata o núcleo abandonado de Prada, situado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Manzaneda

Cernado (Santa María) | Cesuris (Santa María) | Manzaneda (San Martiño) | Paradela (Santo Antonio) | Placín (Santiago) | Reigada (Santa María Madanela) | Requeixo (San Bartolomeu) | San Martiño de Manzaneda (San Martiño) | San Miguel de Bidueira (San Miguel) | Soutipedre (San Marcos)

Lugares de Manzaneda

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.

  1. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 343–344. ISBN 4-95892-53-7 |isbn= incorrecto: length (Axuda).
  2. "Manzaneda". Toponomasticon Hispaniae. Consultado o 27/07/2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.