Xosé Lois Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Lois Piñeiro García»)
Infotaula de personaXosé Lois Piñeiro
Biografía
Nacemento7 de maio de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Pobra do Caramiñal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Lois Piñeiro García, nado na Pobra do Caramiñal o 7 de maio de 1971, é un político galego. Pertence o grupo de esquerdas Nós Pobra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor do IES Espiñeira de Boiro. Exmilitante do Bloque Nacionalista Galego, foi elixido concelleiro na Pobra por esta formación en 2007, sendo a maiores deputado provincial a partir de 2011. En maio de 2014 abandonou o BNG e pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, dimitindo como deputado provincial pero conservando a acta de concelleiro na Pobra como non adscrito.[1] Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura veciñal de confluencia de Nós Pobra á alcaldía da Pobra do Caramiñal e foi elixido alcalde co apoio do BNG e do PSdeG, gobernando en minoría. En 2016 abandonou CxG para integrarse definitivamente no proxecto de En Marea. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidatura máis votada, con 5 concelleiros, e revalidou a alcaldía como cabeza da lista máis votada e co apoio da única concelleira do PSdeG, gobernando ambos en minoría ata que en outubro de 2020 se incorporaron ao goberno os 2 concelleiros do BNG.[2] Nas municipais de 2023 encabezou de novo Nós Pobra e baixou de 5 a 3 concelleiros, sendo superados polos 6 do PPdeG. Nesta situación a súa coalición de goberno perdeu a maioría para gobernar, polo que o árbitro da situación pasou a ser o único concelleiro da formación VIP (exmembro do PP), que podía equilibra-la balanza en favor dos populares ou da esquerda. O veto de VIP á súa continuidade como alcalde, ó cal se sumou o BNG, estendido posteriormente á súa número 2, supuxo que ambos renunciasen á alcaldía en favor do número 3 de Nós Pobra José Carlos Vidal, o cal finalmente foi elixido alcalde co apoio do BNG, PSdeG e VIP. Tras perder a alcaldía entra a formar parte de Sumar Galicia como promotor.


Predecesor:
Isaac Maceiras
 
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
20152023
Sucesor:
José Carlos Vidal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Lois Piñeiro abandona o BNG". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  2. Nós Pobra y BNG sellan el pacto para formar un tripartito con el PSOE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]