José Ramón Barreal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón Barreal
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
A Estrada Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Laza
2011 – 2019 – Xesús Blanco Conde → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Laza Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ramón Barreal Novo, nado na Estrada é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Estrada, é fillo dun veciño de Laza. Viviu en Valladolid, foi mercedario descalzo, e nos anos oitenta trasladouse a Laza. Foi concelleiro e Tenente de Alcalde en Laza polo PPdeG dende 1995. Ocupou diversos cargos en Protección Civil e foi Xerente do consorcio contra incendios e salvamento da comarca de Verín. O 8 de xaneiro de 2011 substituíu o alcalde José Angel García Morais logo da súa dimisión.[1] Nas eleccións municipais de 2011 e tamén nas do 2015 presentouse á alcaldía de Laza encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 4 concelleiros coa súa lista, un menos cós da oposición, e o día 16 de xuño de 2019 foi substituído polo socialista Xesús Blanco Conde.[2]

En xullo de 2020 Xesús Blanco dimitiu e celebrouse un pleno para escoller novo alcalde. Barreal presentou a súa candidatura sendo elixido alcalde de novo, só cos votos do seu partido.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Angel García Morais
 
Alcalde de Laza
 
2011 - 2019
Sucesor:
Xesús Blanco Conde
Predecesor:
Xesús Blanco Conde
 
Alcalde de Laza
 
2020 -
Sucesor:
no cargo