Guntín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′27.14″N 7°41′53.69″O / 42.8908722, -7.6982472

Guntín
Escudo de Guntín
Casa do concello de Guntín.JPG
Casa do concello
Situacion Guntín.PNG
Situación
Xentilicio[1] guntinés (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca de Lugo
Poboación 2.833 hab. (2016)
Área 154,8 km²
Densidade 18,3 hab./km²
Entidades de poboación 31 parroquias
Política (2015)
Alcalde Jesús Carreira Ferreiro
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Guntín
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 81,25%
Na rede
http://www.guntin.es/

Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE en 2014 tiña 2.927 habitantes (3.248 no 2006, 3.307 no 2005, 3.329 no 2004, 3.356 no 2003).

Censo total 2014 2.927 habitantes
Menores de 15 anos 177 (6.05 %)
Entre 15 e 64 anos 1.684 (57.53 %)
Maiores de 65 anos 1.066 (36.42 %)
Evolución da poboación de Guntín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
6.319 7.557 6.188 4.394 3.329 3.045
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita ai norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e co Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei. Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.

Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro. Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.

Historia[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Guntín[editar | editar a fonte]

O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979. OUtros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.

Economía[editar | editar a fonte]

No concello destaca o sector primario. Ten 2.000 ha de prados naturais e pasteiros, máis de 4.000 de terras de labranza (destacando o pemento, centeo, pataca, millo e nabo), e unhas 9.000 de uso forestal (carballo, castiñeiro, piñeiro do país e pequenos grupos de freixos, bidueiros, e cerdeiras).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Guntín.

Lugares de Guntín[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guntín vexa: Lugares de Guntín.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Guntín

Castelo de Pallares (San Salvador) | Costante (San Miguel) | Entrambasaugas (Santiago) | Ferreira de Pallares (Santa María) | Ferroi (Santiago) | Francos (San Salvador) | Gomelle (Santiago) | Grolos (Santa Cruz) | Guntín de Pallares (San Salvador) | Lamela (Santa Mariña) | Lousada (Santa Eulalia) | Monte de Meda (San Martiño) | Mosteiro (Santa María) | A Mota (Santo Estevo) | Mougán (Santa María Madanela) | Navallos (San Pedro) | Ourol (San Xulián) | Piñeiras (San Mamede) | Pradeda (Santa Eulalia) | San Cibrao de Monte de Meda (San Cibrao) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao da Retorta (San Romao) | Santa Cruz da Retorta (Santa Cruz) | Santa Euxea (San Xoán) | Santa María de Ferroi (Santa María) | Sirvián (Santa María) | Vilamaior de Negral (San Lourenzo) | Vilameá (San Martiño) | Vilamerelle (San Vicente) | Vilarmao (San Miguel) | Zolle (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.