José Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Fernández Fernández
Nacemento30 de xaneiro de 1958
 Navia de Suarna
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Fernández Fernández, nado en Navia de Suarna o 30 de xaneiro de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou en Telefónica en 1980 en Bilbao, e trasladouse en 1984 a Becerreá. Tres anos máis tarde, presentouse como número catro na candidatura do PSdeG-PSOE de Navia de Suarna, saíndo elixido concelleiro, e permanecendo neste posto durante tres lexislaturas. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Navia de Suarna en 1999. Acadou a Alcaldía con maioría absoluta en 2007, resultado que repetiu nas eleccións municipais de 2011, 2015 e 2019.

En marzo de 2010 tomou posesión como Deputado Delegado da Área de Medio Ambiente. En 2011 volveu ser deputado provincial como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial da Fonsagrada.


Predecesor:
Vicente Flores González
 Escudo de Navia de Suarna.svg
Alcalde de Navia de Suarna
 
desde 2007
Sucesor:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]