Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°57′13.7″N 7°42′52.4″O / 41.953806, -7.714556

Baltar
Escudo de Baltar
Meaus.JPG
As Maus, coñecido como Meaus na época do Couto Mixto.
Situacion Baltar.PNG
Situación
Xentilicio[1] baltarés/baltaresa
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca da Limia
Poboación 986 hab. (2016)
Área 94,0 km²
Densidade 10,49 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Política (2015)
Alcalde José Antonio Feijoo Alonso
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Baltar
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 90,43%
Na rede
baltar.es

Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2016 tiña 986 habitantes[3] (1 002 en 2015, 1 149 no 2006, 1 177 no 2005, 1 180 no 2004, 1 189 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baltarés[4].

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1.002 (2015)
Menores de 15 anos 33 (3.29 %)
Entre 15 e 64 anos 532 (53.09 %)
Maiores de 65 anos 437 (43.61 %)
Evolución da poboación de Baltar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
3 134 3 145 3 250 4 018 1 180 1 114 1 094 1 076 1 028 1 002 986
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sur que, chegando aos 1 300 m, constitúe o límite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara o norte e logo cara o oeste e o segundo cara ao sur.

O terreo é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.

O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia, a OU-1110.

Dáse unha oscilación térmica acusada (14 °C), con temperaturas medias anuais baixas (10 °C).

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei.

Parte do concello constituíu o Couto Mixto. A partir de 1950 a emigración foi un das causas polo que na actualidade diminuíu a suá poboación ata límites nunca vistos.

Economía[editar | editar a fonte]

Predomina o sector primario de autoconsumo (50% da poboación), seguido da construción (20%), os servizos (20%) e a industria (5%).

O 45% do chan é forestal e o 20% son pradairos e o 35% dedicase a sementar patacas, centeo, millo, verzas da horta etc... Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.

Cultura[editar | editar a fonte]

Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.

O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño.

Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas digno de mención.

Baltar na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Baltar.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baltar

Abades (San Paio) | Baltar (San Bartolomeu) | Garabelos do Bouzo (Santiago) | Niñodaguia (San Lourenzo) | Texós (Santa María) | Tosende (San Lourenzo) | Vilamaior da Boullosa (Santa María)


Lugares de Baltar[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baltar. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.