Nogueira de Ramuín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°25′11″N 07°45′11″O / 42.41972, -7.75306

Nogueira de Ramuín
Escudo de Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín, Casa Consistorial.JPG
Casa do Concello.
Situacion Nogueira de Ramuín.PNG
Situación
Xentilicio[1]ramuinense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación2.011 hab. (2018)
Área98,3 km²
Densidade20,46 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloLuíntra
Política (2019[2])
AlcaldeCésar Parente Pérez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes77,31%
Na rede
http://www.nogueiraderamuin.gal/

Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2.033 (2017)
Menores de 15 anos 132 (6.49 %)
Entre 15 e 64 anos 1.134 (55.78 %)
Maiores de 65 anos 767 (37.73 %)
Evolución da poboación de Nogueira de Ramuín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.881 8.275 8.201 3.514 2.561 2.435 2.381 2.336 2.271 2.198 2.124 2.075 2.033 2.011
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.

Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).

Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.

Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Nogueira de Ramuín

Armariz (San Cristovo) | A Carballeira (San Xosé) | Cerreda (Santiago) | Faramontaos (Santa María) | Loña do Monte (San Salvador) | Moura (San Xoán) | Nogueira de Ramuín (San Martiño) | San Miguel do Campo (San Miguel) | Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz) | Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo) | Vilar de Cerreda (Santa Baia) | Viñoás (Santa María)

Lugares de Nogueira de Ramuín[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Nogueira de Ramuín vexa: Lugares de Nogueira de Ramuín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019. 
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Nogueira de Ramuín". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]