María Barral Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (50/51 anos) Betanzos, España |
Alcaldesa de Betanzos | |
2018 – ← Ramón García Vázquez | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
María Barral Varela, nada en Betanzos en 1973, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi número 8 do PSdeG-PSOE en Betanzos nas municipais de 2003, se ben nun primeiro momento non foi elixida, ata que en xaneiro de 2004 tomou posesión e dende entón ocupou diversos cargos políticos no concello de Betanzos.[1] Nun primeiro momento asumiu as áreas de servizos sociais, emigración e turismo ata as municipais de 2007, tralas cales pasou á oposición. Nas municipais de 2011 o PSdeG-PSOE recupera a alcaldía da man de Ramón García Vázquez, pasando a ocupala primeira tenencia de alcaldía e as áreas de servizos sociais, sanidade e turismo. Nas municipais de 2015 os socialistas revalidaron a alcaldía e mantívose á fronte das súas responsabilidades. Durante este tempo compaxinou o seu traballo no concello co de mestra nunha academia.
Trala dimisión de Ramón García Vázquez en xullo de 2018, pasou a ser alcaldesa de Betanzos tomando posesión o día 6 de agosto. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou a alcaldía con maioría absoluta,[2] sendo a primeira vez dende 1999 que os socialistas a lograban en Betanzos. Nas eleccións de 2023, malia quedar en segunda posición tras o PP, renovou a alcaldía mediante un pacto co BNG.[3][4]
Predecesor: Ramón García Vázquez |
Alcaldesa de Betanzos 2018 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Barral Varela perfílase como alcaldesa tras 20 anos como concelleira". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2018.
- ↑ Concello de Betanzos na FEGAMP
- ↑ Redacción (17 de xuño de 2023). "Estos son los alcaldes y alcaldesas de A Coruña y su área". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de setembro de 2023.