José Antonio Santiso Miramontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Santiso Miramontes
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Mabegondo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Abegondo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Abegondo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Santiso Miramontes, nado en Mabegondo (Abegondo) o 26 de setembro de 1960, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi alcalde de Abegondo entre os anos 1991 e 1992 como independente pola UMI[1], entre 1995 e 2004 polo Partido Popular de Galicia (PPdeG), e de novo dende o 2009. Foi conselleiro de Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia desde o 2004 ata o 2005, e máis tarde parlamentario do Parlamento de Galicia. Tamén foi membro da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).

Santiso ocupou o cargo de conselleiro sucedendo a Juan Miguel Diz Guedes. Posteriormente, a partir do 2005 ata a súa reincorporación á alcaldía, ocupou un escano no Parlamento de Galicia.[2][3]

Santiso accedeu á alcaldía de Abegondo en 1991, como único concelleiro do UMI, e co apoio de PP, CNG e CDS. Ao cabo dun ano sufriu unha moción de censura[1] pasando a ser alcalde Tomás Regueiro Cacheiro[4], do CDS. No 1995 recuperou a alcaldía de Abegondo tras presentar unha moción de censura xa integrado no PP, e a catro meses de rematar a lexislatura[1].

Santiso seguiu como alcalde de Abegondo entre 1995 e 2004, con tres maiorías absolutas con máis do 70% dos votos, o que o converteu no rexedor máis votado de España en municipios de máis de 5.000 habitantes. Cando Santiso abandonou a alcaldía foi sucedido por Juan José Rocha, tamén do PPdeG. Santiso accedeu por terceira vez á alcaldía ó prosperar a moción de censura presentada polo seu grupo e apoiada polo único concelleiro socialista. Tanto os concelleiros do PPdeG como o socialista déranse da baixa con anterioridade dos seus respectivos partidos. A moción recibiu 7 votos a favor e 6 en contra do BNG e da Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA), fundada polo anterior alcalde, Juan José Rocha, tras abandonar o PPdeG.[1][5]

Nas eleccións municipais de 2011 e 2015 Santiso gaña a alcaldía co PP por maioría absoluta.

En xullo do 2011, José Antonio Santiso foi elixido presidente do Consorcio As Mariñas[6] polos representantes dos nove concellos que o conforman, tomando o relevo do anterior presidente Julio Sacristán. En 2015 foi reelixido para este cargo[7].

Nas eleccións municipais de 2019 foi escollido de novo alcalde de Abegondo.[8]

Predecesor:
Miguel Patiño Vázquez
 
Alcalde de Abegondo
 
1991 - 1992
Sucesor:
Tomás Regueiro Cacheiro
Predecesor:
Tomás Regueiro Cacheiro
 
Alcalde de Abegondo
 
1995 - 2004
Sucesor:
Juan José Rocha
Predecesor:
Juan Miguel Diz Guedes
 
Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural
 
2004 - 2005
Sucesor:
Alfredo Suárez Canal
Predecesor:
Juan José Rocha
 
Alcalde de Abegondo
 
2009 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]