Larouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′48″N 7°9′48″O / 42.34667, -7.16333

Larouco
Escudo de Larouco
Concello de Larouco.JPG
Casa do concello.
Situacion Larouco.PNG
Situación
Xentilicio[1] laroucao (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca de Valdeorras
Poboación 487 hab. (2016)
Área 23,7 km²
Densidade 20,55 hab./km²
Entidades de poboación 4 parroquias
Política (2015)
Alcalde Joaquín Prieto Rodríguez
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Larouco
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 67,02%
Na rede
-

Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 544 habitantes (570 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total 544 (2014)
Menores de 15 anos 36 (6.62%)
Entre 15 e 64 anos 244 (44.85%)
Maiores de 65 anos 264 (48.53%)
Evolución da poboación de Larouco   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
1.618 1.813 1.576 1.102 570 584
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Larouco era unha divindade local da cultura castrexa.[Cómpre referencia]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten 23,7 km², e está dividido en catro parroquias. Está situado nun macizo montañoso, entre os concellos da Rúa, Petín, O Bolo e Manzaneda (tamén da provincia de Ourense) e o concello lucense de Quiroga.

A vexetación está formada principalmente por soutos de castiñeiros.

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos da cultura castrexa na parroquia de Seadur. O castro de Cabanelas está rodeado de murallas, cun foxo e un parapeto de grandes rochas graníticas; polo norte está defendido por un profundo precipicio cara ao río Sil, funcionando de miradoiro sobre os vales de Petín e A Rúa.

Os Codos de Larouco, situados entre os concellos de Trives, Manzaneda e Larouco, son os restos da vía XVIII do Itinerario de Antonino, nun trazado extremadamente sinuoso. A Via Nova, unía Braga con Astorga.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Larouco.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Larouco

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Larouco (Santa María) | Portomourisco (San Vítor) | Seadur (Santa Mariña)

Lugares de Larouco[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Larouco vexa: Lugares de Larouco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.