Bueu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°19′35″N 08°47′04″O / 42.32639, -8.78444

Bueu
Bandeira de Bueu---Escudo de Bueu
Casa do concello.
Vila, porto e enseada de Bueu.
Situacion Bueu.PNG
Situación
Xentilicio[1] bueués/bueuesa
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Morrazo
Poboación 12.189 hab. (2016)
Área 30,8 km²
Densidade 395,75 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Capital do concello Bueu
Política (2015)
Alcalde Félix Juncal Novas
Concelleiros BNG: 12
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Asemblea Cidadá Bueu-SON 1
Eleccións municipais en Bueu
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 38,82%
Na rede
http://www.concellodebueu.org

Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016),[3] unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade poboacional de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués[4].

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Bueu atópase na beira sur da ría de Pontevedra, no Atlántico. Limita coa ría de Aldán polo oeste, coa de Pontevedra polo norte, co concello de Marín polo nordeste, co de Moaña polo sueste e co de Cangas polo sur. O seu territorio está repartido en cinco parroquias: Beluso, Bueu, Cela, Ermelo e A Illa de Ons, adscrita a este concello desde 1844 xunto coas unidades menores do seu arquipélago. A capital municipal está situada en Bueu.

Historia[editar | editar a fonte]

No concello atopáronse pezas do Paleolítico, e consérvanse restos de poboados castrexos da Idade de Bronce na illa de Ons, Castrillón (Meiro), Bon (Beluso) e A Cividá. Trala romanización de Galicia houbo asentamentos en Pescadoira e Meiro, con aras dedicadas aos lares viais.

No século XVIII a zona viviu un desenvolvemento económico pola instalación de industrias dedicadas á salgadura e ao envasado de conservas, especialmente da sardiña. Estas industrias, fomentadas principalmente por empresarios cataláns e italianos, supuxeron unha revolución nas artes de pesca. Actualmente existe na vila o Museo Massó, onde se amosa a historia da industria pesqueira e envasadora. As tres principais fábricas conserveiras existentes no século XX (Hermanos Massó, Jesús Alonso e Attilio Gaggero), todas situadas na fronte marítima da vila de Bueu, desapareceron absorbidas polo desenvolvemento urbanístico. Jesús Alonso, que comercializa a coñecida marca Palacio de Oriente, continúa coa actividade industrial no polígono industrial de Castiñeira, situado na parte alta da parroquia de Bueu.

Bueu constituíuse como concello en 1821, incluíndo, amais das parroquias actuais, as de Aldán e O Hío, que en 1862 pasaron ao concello de Cangas. En 1856 foille concedido o título de vila.

En Bueu editáronse tres periódicos: El Relámpago (1899), La Voz de Bueu (1904-1906) e El Adelanto (1912-1913).

Cultura[editar | editar a fonte]

Dende 2008 celébrase en setembro, no Centro Social do Mar, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

Turismo[editar | editar a fonte]

Un dos principais atractivos de Bueu son as súas praias. O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan nas illas Ons[5], pertencentes ao Parque nacional das Illas Atlánticas.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2015 12.251 habitantes
Menores de 15 anos 1.692 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 8.018 (65.45 %)
Maiores de 65 anos 2.541 (20.74 %)
Evolución da poboación de Bueu   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
7.233 9.150 10.177 11.961 12.483 12.368 12.348 12.373 12.375 12.352 12.251 12.189
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Bueu na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu [6].
  • Se vou a Bueu nun bou, vou, / e, se non vou a Bueu nun bou, non vou

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Bueu

Parroquias[editar | editar a fonte]

Plano da vila de Bueu
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu

Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín)

Lugares de Bueu[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bueu vexa: Lugares de Bueu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. "Ficha municipal do IGE". Consultado o 27-06-2017. 
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. http://www.concellodebueu.org/ Concello de Bueu
  6. No texto: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.