Saltar ao contido

O Bolo

O Bolo
 Nome oficial
O Bolo (gl) dende 1985
El Bollo (es) dende 1877 ata 1985
Bollo (es) ata 1877 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.374 (2001) rexistro civil
1.345 (2002) rexistro civil
1.286 (2004) rexistro civil
1.246 (2005) rexistro civil
1.223 (2006) rexistro civil
1.187 (2007) rexistro civil
1.174 (2008) rexistro civil
1.139 (2009) rexistro civil
1.117 (2010) rexistro civil
1.117 (2011) rexistro civil
1.084 (2012) rexistro civil
1.060 (2013) rexistro civil
1.013 (2014) rexistro civil
988 (2015) rexistro civil
963 (2016) rexistro civil
938 (2017) rexistro civil
917 (2018) rexistro civil
884 (2019) rexistro civil
850 (2020) rexistro civil
828 (2021) rexistro civil
824 (2022) rexistro civil
806 (2023) rexistro civil
792 (2024) rexistro civil
789 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   436 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   448 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   91 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   785 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32373 Editar o valor en Wikidata
Código INE32015 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339729 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734537 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h08ph Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 88219 Galiciana: 29383 BNE: XX459639
Wikidata G:Commons C:Commons

O Bolo (do latín bullum, 'outeiro')[1] é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O xentilicio é bolés.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo rotal 1013 (2014)
Menores de 15 anos 53 (5,23 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (45,31 %)
Maiores de 65 anos 501 (49,45 %)
Evolución da poboación do Bolo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
5204 5550 5285 3151 1286 1117
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.

Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira. Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.

A estrada C-533 enlaza o concello coa autovía A-52 e coa estrada N-120.

Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.

Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.

Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult. En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe -de planta cadrada-, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.

A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.

En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.

Economía

[editar | editar a fonte]

Na economía local destaca o sector primario. Dentro do sector vitícola hai viños da Denominación de Orixe Valdeorras.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes do Bolo.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Bolo

O Bolo (Santa María) | Buxán (Santa María) | Cambela (Santa María) | Celavente (San Xoán) | Chandoiro (San Román) | Chao de Castro (San Martiño) | As Ermidas (Santa María) | Fornelos (San Bartolomeu) | Lentellais (San Simón) | Paradela (San Sebastián) | San Martiño (San Martiño) | Santa Cruz (Santa Cruz) | O Seixo (Santo Anxo) | Teixido (San Marcos) | Tuxe (San Pedro) | Valdanta (Santa María) | Vilaseco (San Donato) | Xava (San Salvador)

Lugares do Bolo

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Bolo vexa: Lugares do Bolo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]