Marta Giráldez Barral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marta Giráldez Barral
Nacemento1977
Lugar de nacementoParadela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogada e política
editar datos en Wikidata ]

Marta Giráldez Barral, nada en Paradela (Meis) en 1977, é unha política e avogada galega[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixe un bufete de avogados en Caldas de Reis. En 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE ao concello de Meis pasando de 1 a 3 concelleiros e sendo a segunda forza máis votada, se ben non conseguiu acabar coa maioría absoluta do PPdeG. En 2011 repetiu os resultados de catro anos antes, e en 2015 conseguiu un novo avance ao pasar de 3 a 5 concelleiros, quedando o PPdeG con 7 á beira de perder a maioría absoluta tras un polémico reconto na mesa da Armenteira, sen cuxos resultados os populares terían complicado revalidar a maioría[2].

Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura socialista, conseguindo empatar a 5 concelleiros co PPdeG fronte a 1 do BNG, co que os populares perderon nesta ocasión a maioría absoluta. Desta forma, foi elixida alcaldesa ao contar co apoio do BNG na investidura, se ben non se constituíu un goberno de coalición entre ambas as forzas, gobernando os socialistas en minoría. En decembro de 2019 asumiu a presidencia da Mancomunidade do Salnés[3].


Predecesor:
José Luis Pérez Estévez
 Escudo de Meis.svg
Alcaldesa de Meis
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]