Baiona
Coordenadas: 42°7′9.39″N 8°50′59.05″O / 42.1192750, -8.8497361
Baiona | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Panorámica do porto de Baiona. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | baionés/baionesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Vigo |
Poboación | 12.134 hab. (2018) |
Área | 34,5 km² |
Densidade | 351,71 hab./km² |
Entidades de poboación | 49 |
Capital do concello | Baiona |
Política (2019[2]) | |
Alcalde | Carlos Gómez Prado (PSdeG[3]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 6 Outros: NB 2, C's 1 |
Eleccións municipais en Baiona | |
Uso do galego[4] (2011) | |
Galegofalantes | 28,48% |
Na rede | |
www.baiona.org | |
Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés[5]. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.
Índice
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
A orixe do topónimo Baiona foi, historicamente, froito de innumerábeis controversias. Estudos recentes[quen?] parecen relacionar a orixe deste co próximo río Baíña.[Cómpre referencia] O seu primeiro elemento "bai" derivaría do indoeuropeo "ibai" que significa veiga ou río. O segundo elemento "onna" procede do celta e significa fonte ou río, ou ben pode tratarse dun sufixo prerromano aumentativo. Así pois o topónimo de Baiona sería unha voz híbrida e tautolóxica coas posíbeis combinacións dos termos río, veiga ou fonte.[Cómpre referencia] Con todo, o nome usado ata 1201 foi o de Erizana.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita cos concellos de Nigrán, Gondomar e Oia. Diferéncianse dúas zonas, o interior, que se ergue até altitudes que superan os 600 m no Alto da Groba e no alto da Gabiñeira e a costa, bañada polo océano Atlántico e con outeiros que permiten enxergar a ría e as Illas Cíes. A parte norte desta é rochosa e nela atópanse illotes como Illa Carral, Illa Negra ou Illas Polbeiras; na parte sur hai sobre todo praias.
Os ríos son todos pequenos, destacando o río da Groba, que, nun tramo, serve de límite con Gondomar e o río Miñor, que desauga na baía de Baiona. As temperaturas son suaves.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundación e Idade Antiga[editar | editar a fonte]
Segundo a lenda, a vila de Baiona foi fundada no ano 140 a.C. por Diomedes de Etolia, fillo do fundador de Tui. Este deulle o nome de Abobriga.[7]
Nesta época, os romanos dominan á Península Ibérica e estes decidiron expulsar ós cartaxineses. Para combater as protestas, o cónsul Flavio Serviliano chegou ó recinto fortificado de Erizana, que era como entón se chamaba Baiona. Tamén no 60 a.C., Xulio César e as súas tropas, amarraron en Erizana para atacar ós herminios que estaban refuxiados nas Illas Cíes.
O rei visigodo Recaredo, conquístaa e anexiónaa ó seu reino.
Idade Media[editar | editar a fonte]

Entre os anos 730 e 750, é dominada polos árabes. Pérdena grazas a Afonso I de Asturias, aínda que no 997 volve caer en mans árabes pola súa importancia xeográfica, por culpa do rei Almanzor.
O 7 de maio de 1201 o Afonso VIII de León e Galicia asina nas Illas Cíes, concedéndolle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona. Ademais concedeulle privilexios e foros ós habitantes, deixando de estar baixo ó Mosteiro de Santa María de Oia.
No 1331, foi atacada polo almirante portugués Pezaña e no 1370, Fernando I de Portugal fixa a súa residencia na fortaleza de Monterreal.
Logo de pasar por uns momentos de desfeita polas guerras e disputas, en 1425 Xoán II de Castela outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior.
En 1474, foi asaltada por Pedro Madruga, Pedro Álvarez de Soutomaior, e constrúe unha torre na fortaleza de Monterreal. E en 1475, o rei Afonso V de Portugal, xunto cos baioneses, réndese ante ós Reis Católicos.
O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Cristóbal García Sarmiento, logo de extraviarse no medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ao regreso da primeira viaxe de Colón; sendo así, o primeiro lugar de Europa en ter a noticia do descubrimento de América.
Idade Moderna[editar | editar a fonte]
No 1497, os Reis Católicos concedéronlle ós 650 habitantes da vila a exención de servir na Armada de Castela, a licenza de emprender pola súa conta a guerra en corso e o dereito de vivir na fortaleza de Monterreal, para protexerse das invasións estranxeiras. Amais concedéronlle a Baiona os títulos de Nobre e de Leal Vila.
No século XVI, Baiona tomou importancia sendo cabeza de Partido. Os habitantes deixaron de vivir na fortaleza. No ano 1553, 56 navíos franceses atracaron no porto e no 1540, unha peste minguou a poboación. No ano 1585 o corsario inglés Francis Drake atracou na península de Santa Marta coa intención de tomar á península de Monterreal, mais os miñoranos (liderados por Pedro Sarmiento de Acuña, o Conde de Gondomar), acabaron coa súa intención.
O rei Filipe II, mercou o feudo do Val Miñor, e concedeulle os privilexios de exención para servir na Armada Real, a creación dunha Cátedra de Gramática e a armada de 1.000 soldados, para acabar cos piratas.
Nos século XVII e XVIII, Baiona converteuse no principal porto da costa sur galega e a costa norte portuguesa. Todo isto traía beneficios, pero tamén prexuízos como: porto onde se cre que amarraron os galeóns da batalla de Rande ou ser tomada polo mariscal francés Soult. Ademais, os baioneses axudaron na Reconquista de Vigo.
Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]
En 1823 deixou de ser a cabeza do Val Miñor, e constituíuse como tal o municipio de Baiona. En 1859 o Estado acabou coa fortaleza militar, abríndose unha poxa pública na que a adquiriu José Elduayen, marqués do pazo da Mercé. En 1880 Manuel Misa e Bertemati doou un edificio que pasou a funcionar como escola. O seu irmán, Ventura Misa, fundou en Xerez da Fronteira as adegas do viño de Xerez.
En 1910 colocouse a primeira pedra da Virxe da Rocha, e o 14 de setembro de 1930 inaugurouse a obra deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. En 1936, logo do alzamento nacional, foron fusilados nove miñoranos en Baredo. En 1943 a casa consistorial instaurouse na casa da Correa.
En 1966 inaugurouse o Parador Nacional de Baiona, despois de mercarlle o Ministerio de Información e Turismo o castelo de Monterreal ós herdeiros de Brediñana.
Símbolos[editar | editar a fonte]
O escudo municipal foi aprobado mediante o Decreto 65/2005 de 31 de marzo e publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) o 15 de abril de 2005.[8] O boi fai referencia á Monte do Boi e a carabela representa La Pinta, o buque que arribou en Baiona coa nova do Descubrimento de América. Os escudos máis antigos atopados áchanse na capela de Santa Liberata, construída no ano 1695.
A bandeira municipal está composta por catro triángulos, os superiores e inferiores son azuis e os dereitos e esquerdos, vermellos. Data desde 1591, grazas a unha carta de Filipe II ó marqués de Cerralbo. O seu uso caeu a mediados do século XIX. Volveu ondear no concello en 1981.
Demografía[editar | editar a fonte]
O 25 % da poboación vive na capital, Baiona.
Censo total 2014 | 12.072 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.725 (14.29 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.147 (67.49 %) |
Maiores de 65 anos | 2.200 (18.22 %) |

Evolución da poboación de Baiona Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
4.423 | 5.596 | 6.420 | 9.702 | 11.337 | 12.154 | 12.258 | 12.063 | 12.035 | {{{13}}} | {{{14}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía[editar | editar a fonte]
A economía de Baiona está orientada cara ao turismo, destacando o Parador Nacional de Baiona, así como o comercio minorista. A agricultura é de autoconsumo, se ben tamén se venden localmente os produtos da horta. Hai pesca de baixura e marisqueo.
As empresas son do sector da alimentación, os transformados metálicos e a madeira e destacou a construción.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Virxe da Rocha
- Fortaleza de Monte do Boi ou de Monterreal
- Cruceiro da Santísima Trindade
- Réplica da Carabela "La Pinta"
- Ex-Colexiata de Santa María de Baiona
- Faro de cabo Silleiro
- Casa da Navegación
- Capela de Santa Liberata
Rúas e camiños[editar | editar a fonte]
Na parroquia de Baiona existen numerosas rúas e camiños.
No lugar de Cova Terreña: Dolores Agrelo, O Piñeiro, Bargiela, México, A Anunciada e O Carreiro.
No lugar de Loureiral: Monterreal, O Mariñeiro, Santísima Trindade, O Bosque.
No lugar da Percebelleira: Virxe da Rocha, San Roque, As Bouzas Trigas, As Cachadiñas, As Fontiñas, Santiago Apóstolo, O Carreiro, O Río da Veiga.
No lugar de San Antón: O Fabal, A Silveira, O Xestal.
No lugar de Baiona: Alférez Barreiro, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Porta da Vila, Carabela La Pinta, Padre Fernando, Cidade de Vigo, Conde, Ventura Misa, A Laxe, San Lourenzo, San Xoán, Santa Liberata, Cuba, Marqués de Quintanar, Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada, Brasil, Venezuela, Ecuador, Uruguai, Tomás Mirambell, Joselín, Ramón y Cajal, Jesús Valverde, Elduayen, Diego Carmona, Vasco Gallego, Oia, Nigrán, Gondomar, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Illas Cíes, Illas Estelas, Illa Carral, Arquitecto Palacios, Cristóbal García Sarmiento, Herminio Ramos, Laureano Salgado, Luis Calleja, O Cochiño, Pedro de Castro, Fonte de Ceta, Pornic, Vila do Bispo, Virxe do Pilar, Lorenzo de la Carrera, Hortas Reais, Xogo da Bola, Reloxo, Lagarteira, Boa Vista etc.
Festas municipais[editar | editar a fonte]
Baiona[editar | editar a fonte]
- Virxe da Anunciada
- Virxe do Carme
- Santa Liberata
- A Arribada
- Romaría de San Cosme e San Damián
- Romaría da Virxe da Rocha
Baíña[editar | editar a fonte]
Baredo[editar | editar a fonte]
Belesar[editar | editar a fonte]
Santa Cristina da Ramallosa[editar | editar a fonte]
Deporte[editar | editar a fonte]
A vila conta cun porto deportivo. O Erizana Club de Fútbol fundouse en 1950.
Vilas e cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Quality Coast Gold Award 2013 [9]
- Sustainable Destinations Global "Top 100" 2014 [Cómpre referencia]
- Vilas Mariñeiras [10]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Baiona.
|
Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]
Lugares de Baiona[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baiona vexa: Lugares de Baiona.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Resultado eleccións 2019
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Baiona". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Fundación Europea de Educación Ambiental
- ↑ Concello de Baiona - Concellería de Turismo. "Historia de Baiona". Consultado o 08/11/2014.
- ↑ Decreto 65/2005, do 31 de marzo, polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (Pontevedra)
- ↑ Concello de Baiona. "Calidade". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ "Sistema Integral de calidad turística en destino (SICTED)". www.turismodebaiona.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baiona ![]() |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Baiona |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alvarado, J. (1997). "Fueros cartas pueblas inéditas de Galicia" (PDF). Anuario de historia del derecho español (en castelán e latín) (67): 141–152. ISSN 0304-4319.
- Bermejo; Pallares; Pérez; Portela; Vázquez; Villares (1980). Historia de Galiza. Alhambra. p. 115. ISBN 84-205-0758-X.
- Fernández Rodríguez, Begoña (decembro 2013) «La creación de una identidad patrimonial. Baiona y el descubrimiento de América» en Revista Electrónica de Patrimonio Histórico 13, UGR.
- López Otero, Beatriz e Soraluce Blond, José Ramón (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento 55,63 MB ISBN 978-84-9749-579-0.
- Portela Silva, Ermelindo (1976). La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis. pp. 175–177.
- ——————; Pallares Méndez, Carmen (1991). Galicia na época Medieval. Proxecto Galicia, Historia II. A Coruña: Hércules de Ediciones. p. 351.
- Santiago y Gómez, José de e Nogueira, Ulpiano (1902). Bayona antigua y moderna, Imprenta del Asilo de Huérfanos del Sagrado Corazón de Jesús. Madrid.
- Vedas Núñez, José-Pedro (2005). Aquella Baiona de los años 40 y 50.[1] ISBN 84-8198-613-5
|