Comarca do Xallas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Xallas
Comarca Xallas.png
Provincia Provincia da Coruña
Capital Santa Comba
Área 391 km²
Poboación 14.008 hab. (2014)
Densidade 35,83 hab./km²
Concellos Mazaricos
Santa Comba
Xentilicio xalleiro/xalleira

A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391 km² e no 2014 tiña 14.008 habitantes. Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Carta xeométrica de Galicia, co topónimo Comarca de Jallas

O topónimo Xallas, de orixe discutida, aparece durante a Idade Media referido a diferentes elementos xeográficos da zona. A primeira mención recollida, durante o reinado de Afonso IX, é a vila de Ialles de Alcayaa, actual Xallas de Castriz. O nome Xallas pasaría logo a denominar o territorio da vila e finalmente o río, coñecido como río Ézaro. Este topónimo mantívose para o seu tramo final ata o século XX.[1]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 14.008 habitantes
Menores de 15 anos 1.347 (9.61 %)
Entre 15 e 64 anos 8.513 (60.77 %)
Maiores de 65 anos 4.148 (29.61 %)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Xallas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.