Comarca do Eume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Comarca do Eume
Comarca Eume.png
Provincia Provincia da Coruña
Capital Pontedeume
Área 538,7 km²
Poboación 25.490 hab. (2014)
Densidade 47,32 hab./km²
Concellos A Capela
As Pontes de García Rodríguez
Cabanas
Pontedeume
Monfero

A comarca do Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e con capital en Pontedeume. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie total de 538,7 km², o que supón o 1,95% da superficie total de Galiza. A comarca recibe o seu nome do río Eume, río que alberga nas súas marxes o parque natural das Fragas do Eume, no que se atopan o medieval mosteiro de San Xoán de Caaveiro e o mosteiro de Monfero.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación total da comarca era de 25.490 habitantes no 2014, aproximadamente o 1% do total da poboación galega, e a densidade de poboación é de 47,32 habitantes por km².

Censo total 2014 25.490 habitantes
Menores de 15 anos 2.660 (10.43 %)
Entre 15 e 64 anos 16.667 (65.39 %)
Maiores de 65 anos 6.163 (24.18 %)

Concellos da comarca do Eume[editar | editar a fonte]

Comarca do Eume

Concello Poboación
(2016)
Extensión
(km²)
Densidade
(hab./km²)
Westconf1.png Escudo de A Capela.svg A Capela 1 318 58,0 22,72
Westconf2.png As Pontes de García Rodríguez.svg As Pontes de García Rodríguez 10 399 249,4 41,7
Westconf3.png Escudo de Cabanas.svg Cabanas 3 259 30,3 107,56
Westconf4.png Escudo de Pontedeume.svg Pontedeume 8 005 29,3 273,21
Westconf5.png Monfero.svg Monfero 2 019 171,7 11,76
Eume 25 000 538,7 46,4

Concellos eume.jpg

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Eume

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]