Valga
Coordenadas: 42°41′21″N 08°38′53″O / 42.68917, -8.64806
Valga | |
---|---|
![]() ![]() | |
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | valgués, valguesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Caldas |
Poboación | 5.927 hab. (2018) |
Área | 40,6 km² |
Densidade | 145,99 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 parroquias |
Capital do concello | Ponte Valga |
Política (2015) | |
Alcalde | José María Bello Maneiro (PPdG) |
Concelleiros | PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Valga | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 85,70% |
Na rede | |
http://www.valga.gal/ | |
concello.valga@eidolocal.es | |
Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».
Índice
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 | 6.050 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 823 (13.60 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.996 (66.05 %) |
Maiores de 65 anos | 1.261 (20.84 %) |

Localización[editar | editar a fonte]
Valga atópase na beira esquerda do curso baixo do río Ulla; está cruzado pola autoestrada AP-9, o camiño de ferro da Coruña a Vigo, a N-550 da Coruña a Pontevedra e a C-550 de Fisterra a Tui.
A parte norte ocúpaa o amplo val do Ulla, ao que verten os ríos Louro e Valga, que transcorren paralelos parte do seu percorrido. Cara o sur hai dous montes, o monte Xiabre (cos 372 m do monte Fontebecha) e o monte Xesteiras (cos 352 m do monte Lomba, os 365 m do monte da Salgueira e os 221 m do monte do Gorgullón). As vías de comunicación circulan na depresión entre estas dúas unidades.
As temperaturas son suaves, cunha media de 13 °C. Chove bastante, até chegar aos 1.700 mm. anuais.
Historia[editar | editar a fonte]
Durante a idade Media o territorio era señorío do arcebispo de Santiago de Compostela e dividíase entre Cordeiro e Padrón. Durante a Guerra de Independencia española tivo lugar unha batalla en Casal do Eirixo (27 de abril de 1809), na que os voluntarios do lugar, dirixidos por Pablo Morillo e polo cura Concha fixeron retroceder até Cesures ás tropas de Ney e Maucunne. Parece que con tal ocasión foi construída a ermida de Nosa Señora da Saúde.
O concello xurdiu da división municipal de 1821, levando o nome de Cordeiro até 1836. En 1925 segregouse a parroquia de San Xulián de Requeixo, dando lugar ao actual concello de Pontecesures.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
O petróglifo dos Penoucos de Campo Redondo, na parroquia de Valga, data da Idade de Bronce, e está declarado Ben de Interese Cultural. Da cultura castrexa son os poboados do Castro e a Roda do Castro (Setecoros) e O Castro (Cordeiro).
A capela dos Martores data do século V, sendo ampliada no XVII. A igrexa de Santa María de Xanza e a de Santa Cristina de Campaña son románicas. A igrexa vella de Santa Comba de Louro foi derrubada no século XVIII.
Dada a orografía do territorio, abundan os miradoiros, como o de Chan do Monte en Setecoros, o de Campo Redondo e o miradoiro do monte Xesteiras.
Valga celebra o 31 de agosto a Festa da anguía e a Mostra da Caña do País.
Valga na literatura popular[editar | editar a fonte]
Rosalía de Castro escribiu o seguinte:
- Vexo Valga á beira hermosa/ dun camiño todo prata,/ casta virxe candorosa,/ sentadiña en chan de rosa,/ vestidiña de escalrata.
- Cantigueiro
- Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [3].
Asociacións culturais e deportivas[editar | editar a fonte]
O concello de Valga conta con diferentes asociacións culturais, como a Banda de Música Municipal de Valga, a Escola de Música Municipal de Valga[4], a Escola Municipal de Teatro e a Asociación Cultural e Xuvenil A Eira[5], entre outras moitas.
O Furia Athlétic Club é un equipo de fútbol localizado na parroquia de Santa Cristina de Campaña.[6]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Valga.
Igrexa de Santa María de Xanza.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga | |
---|---|
Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María) |
Lugares de Valga[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valga vexa: Lugares de Valga.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No texto: hastra
- ↑ "Escola de Música Municipal de Valga". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 04 de decembro de 2014.
- ↑ Asociación Cultural e Xuvenil A Eira
- ↑ Furia Athletic Club
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valga ![]() |
|
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |