Ramirás
Coordenadas: 42°11′07.3″N 8°1′31.1″O / 42.185361, -8.025306
Ramirás | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | ramirao/ramirá ramiranense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Celanova |
Poboación | 1.500 hab. (2022)[2][3] |
Área | 40,7 km²[3] |
Densidade | 36,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] |
Capital do concello | O Picouto |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Isabel Gil Álvarez (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Ramirás | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,39% |
Na rede | |
http://www.concelloderamiras.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ramirao[8] ou ramiranense.
Demografía[editar | editar a fonte]
Censo total | 1643 2014 |
Menores de 15 anos | 75 (4,56 %) |
Entre 15 e 64 anos | 771 (46,93 %) |
Maiores de 65 anos | 797 (48,51 %) |

Evolución da poboación de Ramirás Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
- | 5.806 | 5.147 | 5.132 | 2.046 | 1.897 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia[editar | editar a fonte]
Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.
O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga, abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos en 1137, logo tivo diversos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.
Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Ruta do río Arnoia. É unha ruta lineal duns 11 km entre o Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e Escudeiros (Ramirás).
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ramirás.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Ramirás[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ramirás vexa: Lugares de Ramirás.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ramirás".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ del Caño, X. M. (16 de xuño de 2019). "Isabel Gil, nueva alcaldesa de Ramirás, tras la votación en un pleno tenso". Faro de Vigo.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 56. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramirás ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |