Ribeira de Piquín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°12′1.63″N 7°12′9.06″O / 43.2004528, -7.2025167

Ribeira de Piquín
Escudo de Ribeira de Piquín
Moleiras2.JPG
Casa no lugar de Moleiras.
Situacion Ribeira de Piquín.PNG
Situación
Xentilicio[1]ribeirego
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Meira
Poboación528 hab. (2019)[2][3]
Área73,0 km²[3]
Densidade7,23 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeRoberto Fernández Rico (PSdeG-PSOE [6])
Concelleiros
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Ribeira de Piquín
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes92,90%
Na rede
www.ribeiradepiquin.es
editar datos en Wikidata ]

Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 580 habitantes (664 no 2010, 771 no 2006, 785 no 2005, 810 no 2004, 827 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirego»[8].

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 580 (2015)
Menores de 15 anos 20 (3.45 %)
Entre 15 e 64 anos 300 (51.72 %)
Maiores de 65 anos 260 (44.83 %)

Características[editar | editar a fonte]

O concello de Ribeira de Piquín está situado a un 50 km ao nordeste da capital da provincia. Entre a súa paisaxe atópase o río Eo. O territorio pertenceu a Asturias até 1833.

A casa do concello atópase situado no Chao de Pousadoiro.

Historia[editar | editar a fonte]

O concello constituíuse o 6 de maio de 1935 ao ser segregado de Meira. O seu primeiro alcalde foi Fermín Llousas González. As parroquias de Santalla de Piquín, San Pedro de Navallos e San Xurxo de Piquín pertencían ao concello de Meira, do que se segregaron por acordo do ano 1933. Nos cincuenta integrouse no concello de Ribeira de Piquín a parroquia de Santiago de Acevo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio destacan a igrexa de San Xoán de Baos e a de San Xurxo de Piquín, construída en 1782 preto do Eo.

Neste concello naceu o artesán José Seivane. En agosto de 2008 no Chao de Pousadoiro foi inaugurado un busto na súa memoria. Na súa inauguración deu un concerto a súa neta, a gaiteira Susana Seivane.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares de Ribeira de Piquín[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira de Piquín vexa: Lugares de Ribeira de Piquín.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribeira de Piquín

Navallos (San Pedro) | San Xurxo de Piquín (San Xurxo) | Santalla (Santalla) | Santiago de Acevo (Santiago) | Os Vaos (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2019) "Ribeira de Piquín".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Ribeira de Piquín". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 58. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.