Saltar ao contido

Julio Yebra-Pimentel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Yebra-Pimentel
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Lousada, España Editar o valor en Wikidata
Senado de España
29 de outubro de 1989 – 13 de abril de 1993
Alcalde de Carballedo
1983 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Carballedo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, farmacéutico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLuís Yebra-Pimentel Vidal Editar o valor en Wikidata

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco, nado en Lousada (Carballedo) o 31 de agosto de 1944, é un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Yebra-Pimentel Vidal e sobriño de Secundino Vázquez, alcalde de Carballedo entre 1976 e 1979. Simpatizante das xuventudes da UCD desde os seus anos de estudante. Comezou a militar en Alianza Popular en 1983, aínda que se presentou por primeira vez ás eleccións como independente na lista de CG. Farmacéutico de profesión, en novembro de 1981 fíxose coa licenza da farmacia de Castro de Carballedo e trasladouna á Barrela, contrariando o acordo verbal ao que chegara coa anterior propietaria, o que desembocou en graves disturbios na vila, con centos de veciños e cerca de 50 gardas civís mobilizados.[1]

É alcalde de Carballedo dende 1983, contando sempre con maioría absoluta, presentándose por CG (1983), AP (1987) e PP (1991-2023). Foi deputado na Deputación de Lugo (1983-1991). En outubro de 1991, logrou que A Barrela fose definitivamente recoñecida como capital do concello, o que provocou novos e graves disturbios na localidade, resultando en enfrontamentos físicos e no incendio do consistorio provisional.[2] Foi senador por Lugo dende outubro de 1989 ata xaneiro de 2000 (IV a VI lexislaturas) polo Partido Popular de Galicia.

  1. "El Progreso". 24/11/1981. 
  2. Hermida, Xosé (29/10/1991). "Vecinos de un pueblo de Lugo queman su Ayuntamiento y golpean al alcalde" (en castelán). Consultado o 27/2/2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Secundino Vázquez Vázquez
 
Alcalde de Carballedo
 
1983 - actualidade
Sucesor:
no cargo