Concello de Ponte Sampaio

Tapa de rexistro de Ponte Sampaio, co topónimo deturpado.
Ponte Sampaio foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Ponte Sampaio e A Canicouva, integradas as dúas no concello de Pontevedra desde 1960. A casa consistorial, situada a carón da igrexa parroquial, foi derrubada en 1993.