Rodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodeiro
Escudo de Rodeiro
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]rodeirao/á, cambote/-a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación2.260 hab. (2023)[2][3]
Área154,9 km²[3]
Densidade14,59 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias[4]
Política (2023 [5])
AlcaldeJosé Luis Camiñas (PSdeG-PSOE[6])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UPR 2
Eleccións municipais en Rodeiro
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes88,10%
Na rede
rodeiro.gal
editar datos en Wikidata ]

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.317 habitantes. O xentilicio é rodeirao/á ou cambote/-a[8]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.[9][10][11]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.

Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2700 (2015)
Menores de 15 anos 205 (7,59 %)
Entre 15 e 64 anos 1490 (55,18 %)
Maiores de 65 anos 1005 (37,22 %)
Evolución da poboación de Rodeiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.066 6.978 8.181 4.797 3.553 3.143 3.034 2.931 2.844
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.

A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.

En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra. Fernando de Camba, señor da fortaleza de Seoane de Camba, participou na toma de Granada no 1492.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Rodeiro.

Nados en Rodeiro[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Categoría:Nados en Rodeiro.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Lugares de Rodeiro[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Rodeiro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 57. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  9. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. 
  10. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  11. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.