Horacio Gil
Horacio Gil | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1962 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Horacio Gil Expósito, nado en Pontevedra en 1962, é un político galego do PPdeG, deputado na Deputación de Pontevedra e alcalde de Arbo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi tenente de alcalde de Arbo con Manuel Rivera Domínguez. Nas municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG, pero non logrou a alcaldía. Foi portavoz do PP de Arbo. En setembro de 2013 nomeado foi deputado provincial pola comarca do Condado-Paradanta[1]. En xuño de 2014 presentou unha moción de censura xunto a Alternativa Independiente de Arbo (AIAR)[2]. O 27 de xuño de 2014 someteuse a moción de censura a votación en pleno municipal sendo superada co apoio dos cinco concelleiros do PP e dous dos tres electos de AIAr, sendo investido alcalde de Arbo.
Predecesor: Xavier Simón Fernández |
![]() Alcalde de Arbo 2014 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|