Comarca de Arzúa
Aparencia
Coord.: 42°55′N 8°13′O / 42.92, -8.22
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arzúa.
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña | ||||
| Capital | Arzúa | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 15.656 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 485,3 km² | ||||
A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.
Poboación
[editar | editar a fonte]A Comarca de Arzúa ten unha poboación avellentada tal e como mostra a seguinte táboa:
| Padrón municipal 2020 | 16.138 habitantes[1] |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 1.548 (9,59 %) |
| Entre 16 e 64 anos | 9.562 (59,25 %) |
| Maiores de 65 anos | 5.028 (31,16 %) |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Arzúa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-07.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
