Fátima Abal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fátima Abal Roma»)
Infotaula de personaFátima Abal

Fátima Abal en 2016
Biografía
Nacemento(es) Fátima Abal Roma Editar o valor em Wikidata
1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Cambados
2015 – 2022
← Luís Aragunde AragundeSamuel Lago Ozón → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fátima Abal Roma, nada en Cambados en 1978, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito, é concelleira en Cambados polo PSdeG-PSOE dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cambados e foi elixida alcaldesa co apoio de BNG, Somos Cambados e Cambados Pode.[1] Nas municipais de 2019 foi reelixida rexedora, desta volta co apoio de Somos Cambados.

É presidenta da I Mesa Interinstitucional Mancomunada de Galicia contra a violencia de xénero[2] contra a violencia de xénero, vogal e membro da Comisión de Igualdade na FEMP en Madrid e coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE no Salnés.

Impulsou o primeiro Simposio Internacional LGTBI de Galicia que se segue a celebrar na actualidade todos os meses de outubro.

En xaneiro de 2019, anunciouse a súa investigación por un posible caso de malversación.[3]. Cargos dos que a Fiscalía determina, tras unha ardua investigación, que era inocente e o delito polo que se lle acusaba inexistente. En xaneiro de 2022 renunciou á alcaldía por motivos de saúde[4].

Tras a súa renuncia a alcaldía segue a exercer como concelleira de igualdade e crea a Escola de Apoderamento Feminino Dolores del Valle para dar visibilidade e voz ás mulleres cambadesas.

Ostenta, ademais, as Concellerías de Educación e Infancia, Mar, Muller e Diversidade.


Predecesor:
Luís Aragunde Aragunde
 
Alcaldesa de Cambados
 
2015 - 2022
Sucesor:
Samuel Lago Ozón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sorpresa en Cambados con la socialista Fátima Abal". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xuño de 2015. 
  2. "I Mesa Interinstitucional Mancomunada de Galicia" (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 06/09/19. 
  3. "Fiscalía investiga a la alcaldesa por posible malversación y a un policía por cohecho". Diario de Arousa (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. 
  4. R.V (2022-01-07). "Fátima Abal renuncia a la alcaldía de Cambados por motivos de salud". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-01-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]