Comarca da Terra de Trives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca da Terra de Trives
Comarca Terra de Trives.png
Provincia Provincia de Ourense
Capital A Pobra de Trives
Área 431,7 km²
Poboación 4.660 hab. (2012)
Densidade 10,79 hab./km²
Concellos Chandrexa de Queixa
Manzaneda
A Pobra de Trives
San Xoán de Río

A Comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.660 habitantes no 2012 e unha extensión de 431.71 quilómetros cadrados.

Poboación[editar | editar a fonte]

No ano 2012, a comarca posuía 4.660 habitantes, o que supón tan só o 0.20% da poboación total galega nese ano. Este é unha proba da súa pouca poboación. A densidade é de 12 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.

Poboación da Comarca da Terra de Trives
Concello    2012
Chandrexa de Queixa      586
Manzaneda   1.001
A Pobra de Trives   2.388
San Xoán de Río      685
TOTAL  4.660
Fonte: IGE

Xeografía[editar | editar a fonte]

A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1750 metros. A extensión é de 431.71 quilómetros cadrados. Un 1.46% da superficie total de Galicia.

Turismo[editar | editar a fonte]

O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero m a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda da moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives


Concellos da Comarca da Terra de Trives Comarca da Terra de Trives
Chandrexa de Quiexa
Chandrexa de Queixa
Manzaneda
Manzaneda
A Pobra de Trives
A Pobra de Trives
San Xoán de Río
San Xoán de Río