Manuel Martínez Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Martínez Núñez
Manuel Martínez-Becerreá-PRAZA PUBLICA.png
Nacemento12 de setembro de 1954
 Baralla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Martínez Núñez,[1] nado en Baralla o 12 de setembro de 1954, é un mestre e político galego do partido Galicia Sempre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía. Vinculado ao PSdeG-PSOE dende 1979, foi Deputado no Congreso na III e IV lexislaturas (entre 1986 e 1993).[2]

A nivel local foi concelleiro de Becerreá entre 1995 e 2007, ano en que pasou a ser alcalde nas listas do PSdeG-PSOE. Revalidou o cargo en 2011 e 2015, este ano con maioría absoluta. Para as eleccións municipais de 2019 creou un partido ao redor da súa persoa, Galicia Sempre,[3][4] co que acadou a maioría absoluta na alcaldía de Becerreá.[5]

Actividade na Deputación Provincial[editar | editar a fonte]

Entrou a formar parte da Deputación de Lugo en 1999 e é deputado provincial polo partido xudicial de Lugo, na que ocupou a Área de Infraestruturas e Obras[6].

En 2015 facilitou que o PPdeG acadase a presidencia da Deputación de Lugo ao exercer de tránsfuga[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 03/02/2012. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  2. "Martínez Núñez, Manuel". Congreso.es (en castelán). Consultado o 26-7-2019. 
  3. "Manuel Martínez presenta o seu partido, Galicia Sempre". crtvg.es. 25-3-2019. Consultado o 26-6-2019. 
  4. Varela, Suso (25-3-2019). "Martínez presenta su partido: Galicia Sempre". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26-6-2019. 
  5. "As eleccións municipais do domingo deixaron algún resultado rechamante". crtvg.es. 28-5-2019. Consultado o 22-6-2019. 
  6. www.deputacionlugo.org (ed.). "Relación de deputados provinciais por partidos xudiciais". Arquivado dende o orixinal o 27/12/2010. Consultado o 18/12/2010. 
  7. "O alcalde de Becerreá racha co PSOE e dálle a Deputación de Lugo ao PP", artigo en Praza Pública, 24 de xuño de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Antonio Fernández Pombo
 Becerreá.svg
Alcalde de Becerreá
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo