Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°32′20.12″N 07°48′48.1″O / 42.5389222, -7.813361

Carballedo
Escudo de Carballedo
Casa do concello Carballedo (Lugo).jpg
Casa do concello
Situacion Carballedo.PNG
Situación
Xentilicio[1] carballedés/carballedesa
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca de Chantada
Poboación 2.280 hab. (2016)
Área 138,8 km²
Densidade 16,43 hab./km²
Entidades de poboación 23 parroquias
Capital do concello A Barrela
Política (2015)
Alcalde Julio Yebra-Pimentel
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Carballedo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 83,66%
Na rede
http://www.concellocarballedo.es

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[3].

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes (2929 no 2006, 3010 no 2005, 3055 no 2004, 3061 no 2003). Segundo o INE en 2016 tiña 2280 habitantes, 1130 mulleres e 1150 homes.

Censo total 2014 2401 habitantes
Menores de 15 anos 131 (5,46 %)
Entre 15 e 64 anos 1308 (54,48 %)
Maiores de 65 anos 962 (40,07 %)
Evolución da poboación de Carballedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
9804 9116 10 295 4581 3055
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.

É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.

O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.

Historia[editar | editar a fonte]

Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.

Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.

Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.

Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares de Carballedo[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  4. "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 05/10/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.