Amoeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amoeiro
Escudo de Amoeiro
Casa do concello de Amoeiro.
Situación
Xentilicio[1]amoeirés/amoeiresa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación2.391 hab. (2023)[2][3]
Área39,7 km²[3]
Densidade60,23 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Política (2023 [5][6])
AlcaldeJosé Luis González López (PSdeG)
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros: ESCO 1
Eleccións municipais en Amoeiro
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes64,91%
Na rede
www.amoeiro.gal
editar datos en Wikidata ]

Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes[8] (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003). O xentilicio é «amoeirés».[9]

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total (habitantes) 2274 (2014)
Menores de 15 anos 158 (6,95 %)
Entre 15 e 64 anos 1349 (59,32 %)
Maiores de 65 anos 767 (33,73 %)
Evolución da poboación de Amoeiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.490 4.580 4.169 2.593 2.322 2.300 2.274 2.264 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Historia[editar | editar a fonte]

No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.

Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Amoeiro.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Amoeiro

Abruciños (San Xoán) | Amoeiro (Santa María) | Bóveda de Amoeiro (San Paio) | Cornoces (San Martiño) | Fontefría (Santa Mariña) | Parada de Amoeiro (Santiago) | Rouzós (San Cibrao) | Trasalba (San Pedro)

Lugares de Amoeiro[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Amoeiro vexa: Lugares de Amoeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Amoeiro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Amoeiro. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  9. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.