Roberto García Pernas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Roberto García Pernas | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1965 |
Lousada | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e funcionario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Roberto García.
Roberto García Pernas, nado en Lousada (Xermade) o 7 de xuño de 1965,[1] é un funcionario e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Titulado en FP Forestal-Medioambiental, é axente forestal, funcionario da Consellería de Medio Ambiente.[2] Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Xermade e foi elixido concelleiro.[3] Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2019 volveu ser elixido alcalde, desta volta por maioría absoluta. En 2019 foi elixido deputado provincial.
Predecesor: Tomás Rodríguez Arias |
![]() Alcalde de Xermade 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Concello de Xermade
- ↑ La Voz de Galicia, Monforte de Lemos, 20-3-1988, p. 32.
- ↑ La Voz de Galicia, Lugo, 18-4-2007, p. 6.